Temas: CLIMA

O sur de Galicia, a 30 graos en abril

No norte rexistráronse temperaturas por enriba do 20 graos centígrados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2019 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Galicia superou este sábado 20 de abril os 30 graos, que se alcanzaron en Ponteareas (Pontevedra), con valores próximos a esta temperatura tanto nesta provincia como en localidades de Ourense.

As temperaturas alcanzan os 30 graos en Galicia neste sábado 20 de abril. METEOGALICIA
As temperaturas alcanzan os 30 graos en Galicia neste sábado 20 de abril. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Nunha xornada de influencia anticiclónica e circulación do nordeste, os datos de Meteogalicia reflicten que A Granxa, en Ponteareas, chegou aos 30,2 graos ás 17,30 horas. En valores máximos seguiulle Tui (Pontevedra), con 29,6 graos á mesma hora; Arnoia (Ourense) con 29,5 ás 17,50 horas; Pontevedra coa mesma temperatura ás 16,10 e Leiro con 29,4 ás 16,10.

Aínda que as temperaturas máximas foron algo inferiores nas dúas provincias do norte, en Lugo e A Coruña, aínda así superaron na maior parte do territorio os 20 graos de máxima.

En cambio, as mínimas foron bastante baixas, situándose nos 3,4 graos no Valadouro (Lugo), 3,7 en Baltar (Ourense) e 3,8 en Calvos de Randín (Ourense).

Para o domingo, Meteogalicia prevé unha leve baixada de temperaturas máximas, que se situarán ao redor dos 25 graos.

Temas: CLIMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta