En Marea propón unha moratoria de dez anos á implantación de grandes superficies comerciais en Galicia

Comprométese a levar ao Congreso unha batería de medidas para potenciar o comercio de proximidade e local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

En Marea comprometeuse a levar ao Congreso dos Deputados unha batería de medidas para potenciar o comercio de proximidade e local, entre as que figura a aprobación dunha moratoria de dez anos á implantación en Galicia de novas grandes superficies comerciais.

En Marea, de campaña electora en Padrón
En Marea, de campaña electora en Padrón | Fonte: Europa Press.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, durante a súa visita este domingo á feira de Padrón (A Coruña), incidiu na súa aposta "decidida" pola "promoción e a protección do comercio de proximidade, local, ecolóxico e xusto".

Para iso, Villares avanzou tres propostas "esenciais". Ademais da moratoria ás grandes superficies comerciais, En Marea tamén exporá unha reforma da Lei de Establecementos comerciais, que termine cos horarios "desregulados" das grandes superficies coas que "o pequeno comercio non pode competir".

Ademais, exporá unha reforma da Lei de Contratos do sector público para outorgar preferencia absoluta aos produtos locais, de proximidade e producidos de forma xusta e ecolóxica. "É necesario dar ese apoio ao pequeno comercio", reivindicou Luís Villares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 dr. WHO?

a procesión vai por dentro, están nas ultimas... xa se sabe o que goberna manda, e grazas a mareante do podremios (-SI -VIEIRAS) esta gobernando o pepeiro e por moitos anos... mareantes mortos andantes, vos xa non estades para proponer nada, nadiña, o que tedes que facer e ir a buscar un cadaleito e as flores para o soterramento do EXITUS!!!!