Unha plataforma pide aos Gobernos central e galego que "garantan" o peche da central das Pontes "como moi tarde" en 2025

'Galiza, un futuro sen carbón' pide que Goberno central e Xunta "garantan" o peche da central térmica das Pontes (A Coruña) "como moi tarde" en 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

'Galiza, un futuro sen carbón' pide que Goberno central e Xunta "garantan" o peche da central térmica das Pontes (A Coruña) "como moi tarde" en 2025. Coincidindo co Día da Terra, a plataforma publica o informe 'O prezo do carbón', sobre o impacto ambiental das centrais de carbón das Pontes (de Endesa, que fixo investimentos para ampliar a vida da planta) e Meirama (esta última en Cerceda e que Naturgy anunciou que pechará en 2020).

O colectivo demanda que a estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 estea "á altura da situación de emerxencia" e poña "fin" á queima de carbón antes de que termine 2025.

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes | Fonte: Pepe do Couto en Wikipedia.

Segundo indica, a actividade de ambas supón "elevados custos ambientais e sociais". Fronte a isto, apunta á "viabilidade do abandono da xeración eléctrica con carbón".

Advirte de que Galicia figura "entre as 25 rexións da Unión Europea con maior capacidade de produción de electricidade a partir de carbón". As dúas térmicas de carbón galegas, segundo avisa a plataforma, "son enormes focos de contaminación atmosférica".

Ademais, sinala que desde 2008 só queiman carbón de importación, "polo que están a exportar toda a deterioración socioambiental vinculado á extracción do carbón que usan".

Por último, subliña que "a prioridade número un da loita contra a crise climática en Galicia é o peche da central de carbón das Pontes, a única que seguirá aberta despois do peche da de Meirama", medida que solicita que "garantan" os Gobernos central e galego, "como moi tarde en 2025".

Para iso, na súa opinión, "deberían negociar coa empresa e os sindicatos un convenio de transición xusta". O colectivo presentou alegacións á estratexia galega de cambio climático neste sentido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vitolo

E que opina NANDI ?