GC Aberto

AGAI a prol do Festival de Eurovisión e contra o boicot

Desde AGAI defenderemos o contrario; que o intercambio cultural e a superación dos prexuízos son o camiño cara un mundo mais pacífico, mais libre, e mellor.

Por GalizaIsrael (http://www.galiza-israel.org) | GC ABERTO | 26/04/2019

Comparte esta noticia

Cando en maio do 1956 tivo lugar a primeira edición do Festival de Eurovision concursaron sete países. Transcorrera só unha década desde o fin da Segunda Guerra mundial e a maior expresión de horror que tivo lugar no mundo, e as feridas seguían abertas. Nunha Europa onde o habitual era a desconfianza, co aumento da participación e popularidade, convertiuse nunha especie de tregua.

Bandeiras de Israel e de Palestina nun enfrontamento na franxa de Gaza
Bandeiras de Israel e de Palestina nun enfrontamento na franxa de Gaza | Fonte: elconfidencialandalucia.com

Pasou a ser un entretemento desenfadado, no que países que pouco antes estaban enfrontados no campo de batalla, podían agora compartir unhas xornadas de música e diversión. O festival axudou a que por Europa volveran a circular as modas, a música, e, en última instancia, o coñecemento mutuo. Entre os días 14 e 19 de maio terá lugar en Tel Aviv a LXIV edición, e volve a haber grupos que fomentan o illamento, o odio e o enfrontamento. Estaban errados entón e están errados agora; o boicot cultural empobrécenos a todos, aviva a desconfianza, e fai do mundo un lugar máis inseguro.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) defenderemos o contrario; que o intercambio cultural e a superación dos prexuízos son o camiño cara un mundo mais pacífico, mais libre, e mellor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Duque de Angulema o no!

E logo, que cantarán? as bondades de bombardear escolas ou hospitais por lle tirar os rapaces aos tanques croios?

3 AIAN

Sodes fachas, españois e moito españois.

2 urco

Manter o statu quo é o que quer sempre o opressor. Sem as sançons internacionais ainda hoje haveria apartheid em África do Sul. Só polo Boicote, Desinvestimento e Sançons poderá o Estado criminal de Israel ser impelido a cumprir a legalidade internacional.

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Defenderedes, ao mellor. Pero nunca se vos escoitou condenar ao Estado xenófobo, asasino e artificial de Israel, nin condear ningún dos seus múltiples asasinatos e ocupacións de terras que non son súas, nin pedir que se cumpran as resolucións da ONU. ASí que menos caretas e menos contos.