Villares reivindica a creación dunha fiscalía anticorrupción para Galicia

Destaca o "salto cualitativo" que terá o partido instrumental nas municipais con preto de cen listas vinculadas a En Marea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reivindicou a creación dunha fiscalía anticorrupción para Galicia e demandou a posta en marcha de xulgados exclusivos de violencia en todas as cidades galegas.

Tras participar nunha reunión con traballadores da administración de xustiza en Lugo e acompañado da candidata ao congreso pola provincia, Cristina Pérez Herraiz, Villares tamén esixiu a "implantación efectiva da nova oficina xudicial, coa dotación correspondente de persoal".

Deste xeito, o maxistrado lucense en excedencia reclamou que todas as cidades galegas dispoñan dun xulgado exclusivo de violencia, unhas infraestruturas que xa teñen Vigo e A Coruña. "Os mesmos números que se dan nesas cidades poderían darse no resto", sinalou Villares, que lembra que a "Lei Orgánica do Poder Xudicial prevé que os xulgados tendan á comarcalización".

Así mesmo, en relación á fiscalía anticorrupción, Villares asegurou que Galicia segue "carecendo" de medios "esenciais" para loitar contra a corrupción. "E este non é un problema do pasado, é un problema do presente", manifestou.

De feito, referiuse a que, nas últimas semanas transcenderon dúas investigacións de carácter política, ao director xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e a do exalcalde de Verín, o popular, Juan Manuel Jiménez Morán. "A corrupción segue sendo unha marca distintiva do PP en Galicia e son necesarios máis recursos para loitar contra a corrupción", argumentou.

Na súa visita á cidade da Muralla, ademais, volveu a pedir a habilitación dun cuarto xulgado do social na provincia. "Os traballadores e traballadoras ven como os xuízos están a sinalarse para 2021 e iso non é xusto", esgrimiu.

CANDIDATURAS MUNICIPAIS

Doutra banda, o portavoz de En Marea destacou que haberá ao redor de 70 candidaturas ligadas ao partido instrumental nas eleccións municipais e preto dun centenar con apoio desta formación. "Un salto cualitativo enorme con relación a 2015, en que apenas chegamos a 60", manifestou.

Tamén lembrou que "moitas" destas candidaturas van baixo o paraugas de Mareas Locais, ademais de vinculadas directamente a En Marea, o que permite sumar esforzos para a representación nas deputacións provinciais.

Luís Villares, portavoz de En Marea, e Ana Seijas, membro do Consello dás Mare
Luís Villares, portavoz de En Marea, e Ana Seijas, membro do Consello dás Mare

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta