Os comités de Ence esixirán ante a sede do PSOE en Madrid que se manteña a prórroga á fábrica

Os comités de Ence na planta de Lourizán, na ría de Pontevedra, levarán este mércores á sede do PSOE en Ferraz as súas protestas en contra de que o Goberno decidise non defender a prórroga da concesión á factoría, que outorgou o Executivo de Mariano Rajoy en funcións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Os comités de Ence na planta de Lourizán, na ría de Pontevedra, levarán este mércores á sede do PSOE en Ferraz as súas protestas en contra de que o Goberno decidise non defender a prórroga da concesión á factoría, que outorgou o Executivo de Mariano Rajoy en funcións.

Pleno.- Debate bronco por Ence: BNG chama 'delincuente' a PP, que ve máis perigo que 'un mono con pistolas' en Sánchez
Pleno.- Debate bronco por Ence: BNG chama 'delincuente' a PP, que ve máis perigo que 'un mono con pistolas' en Sánchez | Fonte: Europa Press

A presenza dos representantes dos comités (ambos os presidentes son de CC.OO., o de fábrica e a de oficinas) está prevista entre as 11,00 e as 14,00 horas nos exteriores da sede dos socialistas, e producirase en plena recta final da campaña para as eleccións xerais deste 28 de abril.

A súa intención, segundo informan os comités, é expresar a súa "desconformidade" coa actuación do Goberno central con respecto á prórroga da concesión de Ence en Pontevedra. A concentración finalizará coa lectura dun manifesto coas súas reivindicacións.

Estando en funcións, en 2016, o Executivo de Rajoy deu á pasteira unha prórroga por 60 anos da concesión de ocupación dos terreos nos que se sitúa o seu centro de operacións de Pontevedra, aos pés da ría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta