Zënzar presenta DVD este venres

O grupo de Meirama estará este venres no Bakulake, en Ordes, con varios artistas convidados.

Por Galicia Confidencial | Cerceda | 21/12/2011 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Zënzar presentará en Ordes o seu traballo en compaña de María X Silvar SES, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Gende Beat, Manuel Silveira e máis músicos que os acompañaron na grabación do 2009.

O DVD titulado "ZËNZAR ao Vivo" conta con 14 temas. No 2012 presentarán o seu 7º traballo en cd-dvd, un disco aínda sen titulo e que os levara por distintos escenarios de Galiza.

Zënzar é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama -Cerceda- e formada durante o outono do ano 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis.

Primeira maqueta

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993 mudan o nome para Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

Primeiro álbum

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo.Despois dunha etapa de menor actividade, na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, baixo o título Todo vai ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas inclúen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menor actividade, pero fan o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións logo do afundimento do Prestige en Malpica e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda.. No 2006 entran no estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravaren Sigue... e dálle.
 

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Encrovas!

De Meirama nom som...

1 Talifan

Zënzar son unhas nenas que se deitan cedo. Ademais dunhas españolistas, como se pode ver aquí http://www.youtube.com/watch?v=PZsl...

1 Exterminador

É uma versão dum narco-corrido mexicano "Cruz de Marihuana": http://www.youtube.com/watch?v=SKLA...

2 ruso

hahaha...Talifan....estás algo chota! Ti si que deberías deitarte cedo!!! Zënzar son unha banda de rock potente e comprometida sempre co noso. Ti es un taliban independentista deses que so din burradas?

3 Roqueiro

Talifan ademais de sexista é impostor e impositor. Vaia argumentos de descerebrado!!! Zenzar son zenzar, un grupo de rock que me aprendeu a cantar en galego!!! a mín e a moitas persoas que hoxe estamos no rock!!!!