Primeiro gran escándalo de Vox: Rebelións polos postos ameazan seriamente as listas na Coruña

Desilusións, traicións, promesas de cargos que logo non se cumplen... A irrupción de Vox no panorama político galego comeza a pecar do que pecan os partidos tradicionais; de ambicións políticas que poden provocar un terremoto nesta organización e a posibilidade de que a formación de Santiago Abascal non se presente na Coruña e Sada.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 25/04/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Vox, que predica ser o aire novo da dereita, semella que tamén colleu os vicios do PP, o partido, din, “dos corruptos” e do “clientelismo político”. Pero, esa suposta limpeza ideolóxica que defende aos catro ventos Santiago Abascal está moi lonxe de aplicarse nas estruturas internas do seu partido. E un exemplo está no que está acontecendo nas listas municipais que este partido quere presentar na provincia da Coruña.

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162

Segundo puido saber GC de persoas directamente vinculadas coa dirección de Vox, existe un risco importante de que este partido só se poida presentar en Santiago e Ferrol, ante os problemas e “boicots” xurdidos nas listas da Coruña e Sada polo intento dalgúns direxentes de impor a determinadas persoas nos postos de saída.

De feito, esta “imposición” de candidatos está a provocar problemas e rebelións en todas as candidaturas que, ata o momento, Vox quere presentar na provincia da Coruña. Son as de Sada, A Coruña, Ferrol e Santiago. E son nestas últimas localidades, senón se resolve a distribución de postos, as que poderían quedar sen presentarse.

TEMOR EN MADRID

É de tal calibre o problema que a dirección en Madrid deu xa un toque importante e, a través de intermediarios, está tentando resolver os problemas creados. Algúns apuntan directamente ao presidente provincial, Pablo Cancio, outros sinalan que o problema está no vicesecretario provincial, Darío Martínez, porque "prometeron postos a moita xente e logo non puideron cumprir a súa palabra”. Ata o propio Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, vicesecretario de relacións Internacionais de Vox e moi vinculado con Abascal, está involucrado no lío de Vox en Galicia. 

Monasterio nun mitin en Galicia
Monasterio nun mitin en Galicia | Fonte: EP

En case todas as listas, o problema está nos postos que se lle prometeran ocupar a determinadas persoas e que, agora, xa non son os que eran. Isto provocou, segundo as fontes consultadas, que algunhas desas persoas se neguen a ser movidas das listas e tamén a que fixeran chamamentos entre elas a non “obeder” á dirección e a realizar “boicots”.

FIRMAS DOUTRAS PERSOAS

Pero, segundo esas mesmas fontes, membros da dirección terían asinado xa as actas que hai que presentar ante a Xunta Electoral en nome de determinados candidatos aos que non se lle tería comunicado aínda en que posición desa candidatura van. “Iso pasa porque este partido é novo, porque non hai estrutura e porque os dirixentes son novos e non teñen experiencia política”, apuntan. 

Pero a maior tensión se tería producido na Coruña, onde se situou a quen ía a ser a número dúas, unha recoñecida médico da Coruña, no posto cinco, para meter no dous a quen vai de candidato ao Senado, Francisco Javier Somoza, que di ter traballado no sector da banca. “Ao parecer presume de que falou con empresas e bancos dándolle a entender que sairía elixido”, din as fontes consultadas. Somoza tería ameazado cunha crise senón o colocaban de número dous.

E, de feito, as previsións de Vox son sacar dous concelleiros pola Coruña. Por iso os postos de saída están tan cotizados. E, así, o presidente provincial, Pablo Cancio, irá na de Santiago e o vicesecretario provincial, Darío Martínez, encabezará a lista en Fene, mentres que María Jesús Herrero Martínez, que vai de número dous nas listas ao Congreso, encabezará a da Coruña e Patrica Castro, na de Ferrol.

TEMOR A UN “FRACASO MONUMENTAL”

“Hai que facer equipo porque senón hai cohesión pois comezan os problemas xa que a falta de cohesión é o principal problema dos grupos políticos”, din. Con todo, se a dirección de Vox en Galicia non consegue solventar os problemas que ten coas listas cabe a posibilidade de que non se poidan presentar en Sada e A Coruña. Este mércores publicáronse as listas provisionais, pero haberá que agardar ao luns para que saian publicadas de xeito definitivo. A dirección en Madrid apremia para fechar canto antes as listas porque só hai un apoderado para presentar estas candidaturas en tempo e forma.

Non presentar, cando menos, algunha desas catro candidaturas, sería un “fracaso monumental” para Vox en Galicia. E iso iso implicaría a intervención directa de Abascal e, probablemente, cambiar a toda a dirección do partido. Con todo, xa hai dirixentes que anuncian que pedirán dimisións unha vez que conclúa este proceso. É a primeira crise seria de Vox en Galicia sen ter tocado aínda nada de poder. “Son os problemas dos partidos que din que veñen a rexenerar e logo fan o mesmo que o resto”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Na Galiza en galego!

E estes son os que quere algunha xente que gobernen o Estado, e incluso a nosa pequena nazón, e até os concellos se fai falla! Vaiche boa! Sería saír do forno para caer no microondas! Sería como querer protexe-las galiñas metendo á raposa no poleiro! Vaiche boa! Fóra, de aquí que xa temos con Feijóo e a súa banda corrupción abonda!

2 Antinostrus

Grande Noticia do GC.....uns "pringaos" que non so son quen de presentar mais de13 candidaturas na Galiza e xa non collen no Microbus...supoño que andara Nistrus palanganeando por ai...ah! e moi bo o do Delegado de Exteriores preocupando-se polos Estranxeiros (e dicer..por Nos).

1 ANTINAZISTA

pois claro sin non lles dan de comer as alimañas istas rematan por sublevarse... ahí esta a "tia" de Abascal decindo que estamos como nos anos de chumbo da etas... e total por que lle dixeron catro cousas sobre os "polvos" que andaba repartindo pola feria...

1 Na Galiza en galego!

Aínda que os "polbos" son con b, tes razón, ben dito.