Evacuan por precaución os alumnos dun colexio en Neda por un incendio orixinado nunha aula

O suceso ocorreu pasados uns minutos das 11,30 horas deste xoves e foi o propio centro o que avisou ao servizo de emerxencias dun incendio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Os alumnos do CEIP San Isidro foron evacuados na mañá deste xoves por precaución debido a uns incendios tras arder diversos papeis que se atopaban dentro dunha aula.

Segundo informou o 112, o suceso ocorreu pasados uns minutos das 11,30 horas deste xoves e foi o propio centro o que avisou ao servizo de emerxencias dun incendio.

Os alertantes indicaron no seu relato que os alumnos, por precaución, foran evacuados da aula. Enseguida, púxose o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Ferrol e Narón, do servizo sanitario de urxencia e dos axentes da Garda Civil.

Así mesmo, informouse a Policía Local, Protección Civil da localidade e aos membros do GES de Mugardos que, finalmente, indicaron que no incendio arderon uns papeis, o que provocou moito fume na aula.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta