O vicepresidente da Xunta irá á manifestación de ENCE convocada o último día de campaña electoral

Alfonso Rueda irá con outros membros do PP de Pontevedra tal e como anunciou o candidato popular á alcaldía da cidade Rafa Domínguez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, participará xunto a outros membros do seu partido na manifestación, convocada este venres polos traballadores de ENCE, en defensa da continuidade da fábrica na ría de Pontevedra.

Así o anunciou este xoves o candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, que compareceu en rolda de prensa para valorar os datos publicados sobre a primeira EPA de 2019. "Confírmase que o principal problema do noso municipio é o desemprego e Lores é o campión do paro", ironizou, para advertir de que estas cifras aínda "non contemplan" as consecuencias derivadas do posible peche de Ence, que serán "catastróficos".

"800 familias que van á rúa e está en perigo a estabilidade económica da nosa cidade. Non hai futuro", destacou o candidato popular. Neste sentido, Rafa Domínguez lembrou que os traballadores de Ence están a mobilizarse para defender os seus postos de traballo e lamenta que "non se lles reciba" nin o Concello nin o presidente do Goberno porque "o mínimo que merecen é diálogo e comprensión".

28A.- Alfonso Rueda E Ana Pastor Visita O 'Mercado Dous Xoves' De Tui (Pontevedra). PPDEG
28A.- Alfonso Rueda E Ana Pastor Visita O 'Mercado Dous Xoves' De Tui (Pontevedra). PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pindo

Hipocresía nivel Trevinca e caradura nivel granito Porriño. Hai que botalos!