Feijóo sobre a investigación do director xeral de Minas: "Na Xunta cumprimos a lei"

O presidente da Xunta quixo mostrar o seu "respecto", como "sempre" fixo o seu Goberno, coa xustiza. "Se hai un alto cargo que está chamado a declarar, declarará",

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse este xoves con "tranquilidade absoluta" ante a investigación ao director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen está chamado a declarar como investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental na reapertura da canteira de San Finx, en Lousame (A Coruña).

"Temos a absoluta convicción de que na Xunta cumprimos a lei. Imos acreditar que cumprimos a lei, non temos máis inquietudes que acreditar que se incumpriu a lei, tanto a de minas como calquera outra do ámbito autonómico", recalcou.

Deste xeito, Feijóo quixo mostrar o seu "respecto", como "sempre" fixo o seu Goberno, coa xustiza. "Se hai un alto cargo que está chamado a declarar, declarará", garantiu. O responsible de Minas da Administración autonómica foi notificado a semana pasada que terá que comparecer como investigado ante os xulgados de Noia o vindeiro xoves, 2 de maio.

O Director Xeral De Industria, Enerxía E Minas, Anxo Bernardo Tahoces. EUROPA PRESS - Arquivo
O Director Xeral De Industria, Enerxía E Minas, Anxo Bernardo Tahoces. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta