Galicia, camiño do deserto demográfico

As mortes crecen un 1% no terceiro trimestre de 2018 en Galicia e os nacementos caen un 13%, segundo avance do IGE

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

As defuncións rexistraron un crecemento do 1% no terceiro trimestre de 2018 en Galicia en relación co mesmo período do exercicio anterior, e os nacementos caeron un 13%, segundo os datos de avance que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De acordo con este avance, a comunidade galega rexistrou 7.066 mortes no terceiro trimestre do pasado ano, 3.598 de homes e 3.468 de mulleres. Son un 0,96% máis que en igual trimestre de 2017.

Os nados foron 4.208, deles 2.176 homes e 2.032 mulleres. En concreto, os nacementos neste período foron un 13,09% menos que no terceiro trimestre de 2017.

En canto aos matrimonios, Galicia contabilizou 3.488, un 12,3% menos. Foron 3.442 entre individuos de diferente sexo (-12,4%) e 46 entre persoas do mesmo sexo (-6,12%).

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez
Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez | Fonte: canarias7

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Sempre laiando e sem sinalar aos causantes deste genocídio. Alguém toma e tomou desde o poder as medidas económicas que convertem a Galiza num deserto humano. Os seres humanos temos um mal vezo, o de comer todos-los dias; e se da Galiza arrincam os recursos económicos, energia: electricidade, dinheiro, gente, etc., entom só quedam os velhos que nom emigram, porque os novos tenhem que se ir senom querem morrer na miséria. Que politicos mandam aqui manda aqui? Por quê umha e outra vez seguem sendo eleitos? Nom seremos um povo de ilo...? O que si é que nom somos inocentes do que acontece, nos elegemos os nossos verdugos.