Galicia importou un total de 1,36 millóns en armas e municións

Rexistra un saldo positivo en 181,14 millóns do comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un saldo positivo en 181,14 millóns de euros do comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, exportou por valor de 364,12 millóns de euros e importou por 182,98 millóns de euros, de aí ese saldo positivo en 181,14 millóns. Por segmentos, o saldo foi negativo en 23,63 millóns en instrumentos científicos, en 9,87 millóns en maquinaria e equipo informático, en 8,07 millóns en maquinaria de oficina e equipo informático, en 2,89 millóns en construción aeronáutica e espacial e en 1,36 millóns en armas e municións.

Pola contra, positivo en 199,23 millóns foi o saldo en produtos químicos e outro dato destacado neste lado foron os 24,46 millóns en produtos farmacéuticos.

Intervidas armas nun taller clandestino de Tomiño.
Intervidas armas nun taller clandestino de Tomiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta