Villares cualifica de "vergoña" e "burla" que o Goberno non aprobe o estatuto electrointensivo

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino tamén acusaron ao Executivo de Sánchez de "mentir" aos traballadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, tachou de "vergoña" e "burla aos traballadores e consumidores" a non aprobación por parte do Goberno do estatuto do electrointenstivo tras un informe negativo de Competencia, "un órgano no que está sentada xente do PP, PSOE e Cidadáns".

Así se expresou Villares en declaracións aos medios durante un acto electoral no campus universtiario de Santiago celebrado este venres, último día da campaña electoral cara ao 28 de abril.

O maxistrado en excedencia incidiu en que a non aprobación do decreto no último Consello de Ministros supón "unha burla" de PP, PSOE e Cs "á industria deste país, as provincias de Lugo e A Coruña, e toda a cidadanía".

"É unha estafa consecuencia dun oligopolio que pagamos todo o mundo", subliñou, para a continuación engadir que o domingo toca "escoller entre a xente que está á beira dos consumidores e os traballadores e dos que están ao lado dos intereses duns poucos".

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: EN MAREA

CRÍTICAS DE EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS

Tamén os candidatos de En Común-Unidas Podemos Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino acusaron ao Executivo de Sánchez de "mentir" aos traballadores de Alcoa tras confirmarse que non se aprobará este venres o estatuto para consumidores electrointensivos.

"O que se ten feito cos sectores industriais é indecente", dixo Díaz en declaracións aos medios tras asistir na Coruña a unha asemblea de delegados sindicais. Para Díaz, a non aprobación do estatuto "é a evidencia do mal facer do goberno socialista", a quen acusou de crear un Ministerio de Industria "que non serve para nada, soamente para destruír os sectores produtivos".

Pola súa banda, Gómez-Reino acusou ao PSOE de "abandonar sistematicamente e mentir sistematicamente á clase traballadora". Por iso, ante este panorama, os candidatos de En Común- Unidas Podemos fixeron un chamamento á cidadanía a participar este venres na manifestación de Alcoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta