Apoios para a okupación da Sala Yago

Os actores Roberto San Juan, Nathalie Poza, Luis Bermejo e Willy Toledo apoian a toma da Sala Yago como espazo cultural.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/12/2011 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Estes actores, pertencentes ao grupo Animalario -- e que tamén destacan polo seu compromiso en causas como a sahariana, a palestiniana ou fronte a guerra do Iraq-- solidarizaronse coa okupación da sala Yago amosando unha faixa ao final da obra 'Penumbra' que representaron en Santiago o pasado fin de semana.

Un feito que, a pesar de ser moi aplaudido e recoñecido publicamente por numerosas personalidades do mundo da cultura en Galicia, non saíu en ningún medio de comunicación. GC amosa a imaxe dese momento.

Por outra banda, este xoves volveu abrir as súas portas o Arredista, o centro social pechado pola Policía hai unhas semanas no marco dunha operación contra Resistencia Galega.

None

Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 carlos

Son do grupo animalario? Non e extrano. A esta panda de pringaos que lle vaian a ocupala sua casa, !!!que sinvergonzas!!!

1 ...

Gran argumentación xD Ti si que es pringao e sinvergonza, para manifestar opinións como estas sen despeitearte.

3 Martín Vázquez

con este tema aínda ?!?!?

1 Francotirador de la palabra

con este tema aínda ?!?!? con este tema aínda ?!?!? con este tema aínda ?!?!? con este tema aínda ?!?!? con este tema aínda ?!?!?... CON ESTE TEMA AINDA, DISCO RALLADO???!!!

2 Martín Vázquez

con este tema aínda ?!?!? Por favor!!!

1 ana

É un pitorreo que actúen no auditorio de Novacaixagalicia, espazo autoxestionado onde os haxa e con entradas a 20 euros, e ao rematar amosen unha faixa en plan reivindicativo...si querían apoiala que actuaran gratis e noutro tipo de salas e non precisamente ese auditorio...sen comentarios...isto é solidarizarse? que medo...

1 Jorge

Ana, ti vives no mundo real? Non, verdade? Un actor actúa onde lle deixen, e se esperas que actúe de balde, que regale o seu traballo, comeza ti tamén a regalar o teu e traballar por nada, e non fales dos demais... a palla no ollo alleo e a trabe... como se nota que non coñeces a traxectoria de Animalario, grupo alternativo onde os haxa, que ten percorridos os escenarios alternativos de medio país... un actúa onde lle deixan..... que medo... a ignorancia. como botar margaridas aos cerdos.

2 pepe lago

Ana, menos demagoxia, e o que pidas para os demais faino ti antes. Creo que Jorge dixo o que quería dicir eu. Martín Vázque, pois si, con este tema aínda, e o que queda pois nada cambiou. ¿Por que che molesta "este tema"?

3 ana

Coñezo perfectamente a traxectoria de Animalario, por eso unha vez máis acudín a ver a súa representación. Menos descalificacións e máis respecto a opinións alleas e máis tendo en conta que non tedes nin idea do que eu fago ou deixo de facer de balde...demagoxia? Ningunha.

4 Actor "amateur"

Demagoxia total, porque se foses de verdade actriz (que non o creo), saberías que un actúa onde o deixan. Por outra parte, é moi gracioso que pidas respecto cando ti mesmo non o tes... típico defecto dos que se cren superiores.