O drama de morrer agardando por unha axuda para a discapacidade pola falta de medios da Xunta

Un total de 263 pontevedreses faleceron en 2018 mentres esperaban a valoración da súa discapacidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Un total de 263 persoas faleceron en 2018 mentres esperaban o recoñecemento do seu grao de discapacidade por parte dos equipos de valoración e orientación.

Diso informaron este venres os traballadores deste servizo, que urxen a incorporación de dous equipos de forma permanente para poder dar cobertura á área norte da provincia.

No transcurso dunha concentración de protesta levada a cabo ante a delegación da Consellería de Sanidade en Pontevedra, os traballadores explicaron que a media de resolución dos expedientes rolda actualmente os dous anos cando a lei establece un tope de tres meses.

Segundo denunciaron, o problema é que os dous únicos equipos de valoración da Consellería de Política Social en Pontevedra están desbordados porque o persoal é insuficiente. A día de hoxe, 4.560 persoas están en lista de espera, agardando a que os profesionais avalíen as súas capacidades físicas, psíquicas e sensoriais.

Cada un dos dous equipos está formado por un médico, un traballador social e un psicólogo. Aseguran que, como mínimo, é necesaria a contratación doutros dous equipos de forma permanente, e non de maneira puntual como vén facendo ata agora con reforzos temporais.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta