Ana Pontón, a primeira líder en votar este domingo e Feijóo para o mediodía

Os demais líderes irán votando a partir das dez da mañá nas súas respectivas circunscripcións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2019 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Os colexios electorais permanecerán abertos este domingo entre as 9,00 da mañá e as 20,00 da tarde, horas entre as que poderán votar os 2,2 millóns de galegos chamados ás urnas. En canto aos líderes políticos, a maioría acudirán aos seus respectivos colexios a partir das 10,00 horas, pero os máis madrugadores serán a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que o fará sobre as 9,30 no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago, e a cabeza de lista de Ciudadanos por Lugo, José Manuel Blanco, que acudirá a esta mesma hora ao CIFP As Mercedes da capital provincial.

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, depositará a súa papeleta no Colexio Neno Xesús de Praga de Vigo ao redor das 12,00 horas. Tamén ao mediodía votará a número un dos populares por Pontevedra, Ana Pastor, concretamente no CEIP Campolongo da capital provincial.

Pola súa banda, a cabeza de lista pola Coruña, Marta González, acudirá ás 11,00 horas ao antigo local sindical dos Ánxeles, no municipio de Brión. Ás 11,30 farano tanto o candidato por Lugo, Jaime de Olano, no Conservatorio de Viveiro; como a de Ourense, Ana Belén Vázquez, no Concello de Bande.

Por parte do PSOE, o seu secretario xeral en Galicia, Gonzalo Caballero, depositará a papeleta ás 12,00 no Concello de Vigo, á mesma hora que o farán a candidata pola Coruña, Pilar Cancela, na Facultade de Filoloxía de Santiago, e a de Ourense, Marina Oterga, no Auditorio do Carballiño. O número uno dos socialistas por Pontevedra, Olga Alonso, votará ás 11,00 no IES Castelao de Vigo, mentres que Ana Prieto fará o propio ás 11,30 horas no CEIP Rosalía de Castro de Lugo.

UNIDAS PODEMOS, EN MAREA E BNG

En canto a En Común Unidas Podemos, exercerán este dereito nos seus respectivos lugares de residencia separados por intervalos de media hora. O primeiro será a súa cabeza de cartel pola Coruña, Antón Gómez-Reino, que acudirá ao Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña ás 10,00 horas.

Ás 10,30 horas irá ás urnas na Casa Parroquial Santiago das Caldas de Ourense o número un por esta provincia, Ledicia Piñeiro, mentres que Yolanda Díaz, a pesar de presentarse por Pontevedra, votará ás 11,00 no IES Canido da cidade coruñesa de Ferrol. A última será a candidata por Lugo, Vanessa Somoza, ás 11,30 na sede da Xunta da Rolda da Muralla.

O líder e os candidatos de En Marea, formación que na pasada lexislatura fora socia de coalición de Unidos Podemos, votarán a partir das 10,00. Precisamente, a esta hora acudirá ás urnas na Casa das Linguas de Lugo o portavoz do partido, Luís Villares, mentres que a candidata por esta mesma provincia, Cristina Pérez Herraiz, farao no Centro de Convivencia Fingoi.

Tamén ás 10,00 votará Iván Olmos na Escola Vella de Rebordechá, en Xinzo (Ourense), mentres que a candidata pola Coruña, Ana Seijas, depositará a papeleta no pavillón de Bertamiráns, en Ames, ás 11,00 horas. Por parte do BNG, despois de que Ana Pontón sexa a líder máis madrugadora para votar, as súas cabezas de lista farano a partir das 10,00. A primeira será o número uno por Pontevedra, Carme da Silva, no local social de O Gorgullón, na Boa Vila. Así, ao redor das 10,30 horas acudirán aos seus respectivos colexios o candidato pola Coruña, Néstor Rego, no Centro Sociocultural de Figueiras de Santiago; a candidata por Lugo, Maite Ferreiro, no Edificio Sindical da capital provincial; e por Ourense, Iago Tabarés, na PAC da rúa Concello.

CIDADÁNS E VOX

En Ciudadanos, aínda que o seu número un por Lugo será o máis madrugador, a candidata por Ourense, Inés Iglesias, votará no Instituto Politécnico da cidade das Burgas ás 11,30 horas e a candidata por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, farao na Casa das Artes de Vigo ás 12,00 horas. Mentres tanto, a exdeputada e número un pola Coruña nestas xerais, Marta Rivera, xa votou por correo.

Quen tamén escolleu esta modalidade de exercer este dereito foron as cabezas de lista de Vox en Ourense e Pontevedra, Begoña Conde e Antonio Budiño, respectivamente, mentres que o de Lugo, Juan María Abascal, farao en Madrid. Tan só o número uno pola Coruña, Miguel Ángel Fernández, votará presencialmente, ás 10,15 horas no Palacio da Ópera da cidade herculina.

Votacións
Votacións | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta