A Xunta trata coas administracións locais implantar novos tramos na Renda de Inclusión Social galega

Política Social indicou que o obxectivo foi explicar aos profesionais que traballan no ámbito dos servizos sociais dos concellos este novo texto normativo, que regula tanto a Renda de Inclusión de Galicia como as Axudas de Inclusión Social (AIS).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, abordou este sábado cos profesionais dos servizos sociais comunitarios de Lugo as novidades que se recollen no decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social de Galicia, entre as que se atopan a implantación de novos tramos da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).

Así o fixo Parrado nunha reunión informativa que se desenvolveu na delegación territorial da Xunta na cidade amurallada onde, acompañado por técnicos da Consellería de Política Social, indicou que o obxectivo desta sesión foi explicar aos profesionais que traballan no ámbito dos servizos sociais dos concellos este novo texto normativo, que regula tanto a Renda de Inclusión de Galicia como as Axudas de Inclusión Social (AIS).

"Trátase de que o persoal técnico das administracións autonómica e municipal poñan en común todos os aspectos necesarios de face á próxima implantación de dous novos tramos que se contemplan na Risga, dirixidos a incentivar a procura de emprego", subliñou o Executivo galego nun comunicado.

Así mesmo, destacou a utilidade desta sesión para "avanzar nos mecanismos de coordinación entre Xunta e concellos relacionados co desenvolvemento dos programas de inclusión", así como na procura de mellorar a resposta que se lle dá ás persoas usuarias.Ademais desta xornada divulgativa en Lugo, o director xeral de Inclusión tamén mantivo encontros similares na Coruña, Pontevedra e Ourense.

San Caetano. EUROPA PRESS - Archivo
San Caetano. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cando máis precisamos dunha Renda Básica Incondicinal para todos, eles seguen aforrando miserias (reducindo a Risga) aos que non pasen o día buscando un traballo que NON EXISTE! Mentres apretan aínda máis aos excluídos do sistema, eles seguen PRIVATIZANDO A VIDA! https://i.gal/VigoDenuncia