O PSOE gañaría en Galicia, forte baixada do PP e sen representación do nacionalismo

Son datos das primeiras enquisas que apunta á entrada da ultradereita en Galicia e de Ciudadanos, con dous escanos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O PSOE gañaría as elección xerais en Galicia con entre 9 e 10 escanos. Un resultado inédito en Galicia xa que suporía a primeira gran derrota do PP en Galicia nuns comicios xerais desde a democracia.

Enquisa para a CRTVG a pé de urna.
Enquisa para a CRTVG a pé de urna.

Así o apunta unha enquisa de GAD3 para a TVG que tamén recolle a entrada da ultradereita en Galicia, cun escano, e de Ciudadanos, con dous. En Común Unidas Podemos obtería entre dous e tres escanos e o nacionalismo quedaría sen representación en Madrid por primeira vez en case 30 anos.

Segundo esta enquisa, o PP sufriría unha gran derrota en Galicia, baixando de 12 a 8 escanos. De feito, quedaría por detrás do PSOE na Coruña e en Pontevedra. Os votos dos populares irían a Ciudadanos e Vox que obterían un escano cada un pola Coruña. Ademais, Ciudadanos obtería outro por Pontevedra.

En Común-Unidas Podemos sería a terceira forza en Galicia. Obtería entre tres e dous escanos. A disputa dese escano sería en Pontevedra, co PSOE. Pola súa banda, o nacionalismo galego tería, coma o PP, unha derrota histórica. Nin o BNG, nin en Marea conseguirían escano en Madrid. 

POR PROVINCIAS

O estudo electoral atribúe tres escanos aos socialistas pola provincia da Coruña, un máis que os que lograra en 2016, mentres que o PP quedaría con dous, a metade dos que obtivera. En Común-Unidas Podemos lograría un escano, do mesmo xeito que Cs e Vox.

Por Pontevedra, a enquisa atribúe ao PSOE unha pinza entre os 2 e o tres deputados, mentres que para o PP prognostica un retroceso dun ata quedar en dous postos no Congreso. A En Común-Unidas Podemos outórgaselle unha marxe de entre un e dous deputados, mentres que Cs obtería un posto.

EMPATE DE PSOE E PP EN OURENSE E LUGO

En Ourense, tradicional celeiro de votos do PP, a enquisa difundida pola TVG prevé un empate técnico entre os populares e os socialistas, con dous escanos cada forza. Na anterior cita coas urnas, o PP lograra tres deputados e o PSOE uno.

Unha situación semellante de empate prevé este 'tracking' en Lugo, ao outorgar dous escanos a PP e dous ao PSdeG. Nas eleccións de 2016 os populares obtiveran dous escanos, o PSOE uno e En Marea, que naquela ocasión presentábase en coalición con Podemos, Anova e Esquerda Unida, un.

Enquisa para a CRTVG a pé de urna.
Enquisa para a CRTVG a pé de urna.

CONXUNTO DO ESTADO

Os datos de GAD3 tamén destacan que o PSOE gañaría as eleccións xerais con entre 116 e 121 escanos. Con todo, necesitarían a Podemos e aos independentistas para poder gobernar.

O PP baixaría a 73 deputados, Cidadáns subiría e obtería 49 escanos como moito e Unidas Podemos entre 42 e 45 representantes. Ademais vaticina que Vox entrará con forza no Congreso con entre 36 e 38 escanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Manubernar

Que mágoa que Galicia non teña representación no parlamento. Catro anos en que non se vai falar alí dos nosos problemas-intereses.

1 Gamela

Anunciamos o enlace de Luís Villares & Ana Pontón (oficia a cirimonia Mario López-Rico)

1 Gustavo

Ostrás, pensei que decías "anunciamos os funerais -políticos!- de Luís Villares".

2 Paco Rodríguez

Imos ver se nos relaxamos todos. En marea-BNG coalición xa!!!