A presidenta da Deputación de Pontevedra destaca que a cidadanía "encheu as urnas de dignidade e futuro"

"A política cambiou, porque a xente o que nos pide é que gobernemos para que teñan unha vida mellor e iso é o que ocorreu onte", indicou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, destacou este luns que os cidadáns pontevedreses "encheron as urnas de dignidade e dixeron que non querían unha provincia que dese marcha atrás en todo o conseguido en dereitos, liberdades e modernización".

Nunhas declaracións remitidas este luns pola Deputación provincial, Carmela Silva cualificou de "día histórico" a xornada electoral das eleccións xerais deste domingo 28 de abril.

"Foi un día histórico, desde a humildade, porque hai que ser moi humildes. A política cambiou, porque a xente o que nos pide é que gobernemos para que teñan unha vida mellor e iso é o que ocorreu onte (domingo)", asegurou. Como presidenta da Deputación de Pontevedra, Silva agradeceu a "todas as mulleres e a todos eses homes que saíron e encheron as urnas de futuro".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde, Abel Caballero. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde, Abel Caballero. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta