Rexeitado o cesamento da valedora do Pobo pola abstención do PP

34 votos a favor dos grupos da oposición, 38 abstencións do PP e un en contra frean a substitución de Milagros Otero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia rexeitou este luns a proposta de cesamento de Milagros Otero á fronte do Valedor do Pobo nunha votación secreta e en urna no hemiciclo que se saldou cos 34 votos a favor dos grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG--, 38 abstencións --PP-- e un en contra.

A valedora do Pobo, Milagros Otero.
A valedora do Pobo, Milagros Otero.

Esta iniciativa, rexistrada de maneira conxunta polos portavoces de En Marea e o Bloque, Luís Villares e Ana Pontón, prodúcese semanas despois de que o Tribunal Supremo (TS) rexeitase un recurso interposto polo Valedor a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola que se anula o nomeamento nesta institución de María Puy Fraga, irmá do portavoz do Grupo Popular no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, e sobriña do expresidente da Xunta Manuel Fraga.

A deputada do PP Paula Prado explicou a postura da súa formación dicindo que se Milagros Otero renunciase, a institución do Valedor "quedaría descalzada". Así, propuxo ao resto de grupos "negociar" un novo nomeamento, algo que debe contar con tres quintas partes da Cámara.

Esta produciuse despois dun debate no que tanto Prado como a deputada socialista Patricia Vilán cruzaron reproches facendo tamén referencia ao resultado das eleccións xerais deste domingo --o PSOE non só gañou os comicios a nivel estatal, senón que logrou ser a primeira forza en Galicia por primeira vez--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Milagros, ata cándo estás disposta a que te recorden contínuamente que es unha ocupa do cargo?