O banco Santander gaña 1.840 millóns ata marzo

Descende un 10% con rn respecto aos ingresos aomesmo período do ano anterior.

Por E.P. | MADRID | 30/04/2019 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Santander rexistrou un beneficio neto atribuído de 1.840 millóns de euros no primeiro trimestre deste ano, o que supón un descenso do 10% (-8% en euros constantes) con respecto ao mesmo período do ano anterior ao contabilizarse un cargo neto de 108 millóns de euros pola venda de activos e reestruturacións.

En concreto, este cargo inclúe 150 millóns de euros de plusvalías pola venda da participación do 51% de Prisma en Arxentina e 180 millóns de euros de perdas derivadas da venda dunha carteira de inmobles residenciais en España, máis un cargo de 78 millóns de euros polos custos de resstructuración en Reuno Unido e Polonia.

A entidade elevou a súa marxe de intereses un 3% no primeiro trimestre (un 5% en termos constantes), ata os 8.682 millóns de euros, e aumentou os préstamos e os depósitos un 4% e un 5% en euros constantes, respectivamente.

A presidenta do Banco Santander, Ana Botín. BANCO SANTANDER - Arquivo
A presidenta do Banco Santander, Ana Botín. BANCO SANTANDER - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta