Xulio Ferreiro, sobre a posible marcha do portavoz de En Marea: "É unha decisión que lle corresponde a Villares"

Por E.P. | A CORUÑA | 30/04/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, declinou pronunciarse sobre se cre que o portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, debería renunciar ao seu cargo tras os resultados electorais das xerais do domingo, que deixaron sen representación ao partido instrumental colocándoo como sétima forza a nivel galego con pouco máis do 1 por cento dos votos.

Preguntado sobre a reunión extraordinaria convocada este martes polo Grupo Parlamentario de En Marea na que se abordará a saída de Luís Villares como portavoz na Cámara galega, Xulio Ferreiro evitou facer ningún comentario.

"Non teño coñecemento desa reunión. Descoñezo se a convocaron", respondeu ao ser interpelado polos xornalistas sobre a mesma. Preguntado se cre que o portavoz do Grupo Parlamentario de En Marea debería renunciar ao seu cargo, Ferreiro dixo que é "unha decisión que lle corresponde a Luís Villares".

Xulio Ferreiro e Luís Villares
Xulio Ferreiro e Luís Villares | Fonte: esradio.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta