O Igape contacta con varios investidores para presentarlles unha proposta sobre Poligal en Ferrol

Algúns dos contactados "reclamaron máis información; outras xa manifestaron que non ten previsto investir das súas propias instalacións, pero agora o que toca é esperar a ver se hai algunha interesada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A consultora contratada polo Igape contactou con varios investidores para trasladarlles a proposta de facerse coa planta de Poligal en Narón (A Coruña). Así llo trasladaron responsables do departamento autonómico aos integrantes do comité de empresa nun encontro que mantiveron desde as 12,30 horas deste martes no edificio administrativo da Xunta en Ferrol.

O Igape contratou a esta consultora para facer chegar a sociedades mercantís nacionais e internacionais a proposta para que se poidan facer cargo das instalacións desta factoría dedicada á fabricación de filme de polipropileno para o sector da alimentación. Un dos integrantes do comité de empresa, Bernardo Cabezal (CIG),  que "xa enviaron os dossieres a varias empresas e agora estase á espera de resultados".

Algúns dos contactados, segundo apuntou, "reclamaron máis información; outras xa manifestaron que non ten previsto investir das súas propias instalacións, pero agora o que toca é esperar a ver se aí algunha interesada".

CONSULTAS DO ERE

Por outra banda, o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) xa se iniciou, en concreto o 23 de abril, tras realizar unha reunión previa á comunicación oficial, o 3 de abril. Entón, os representantes dos traballadores esixiron "a presenza nesta mesa de negociación de representantes das plantas de Polonia, Portugal e de Poligal Global Services, tres empresas do grupo que están implicados e que teñen que estar sentadas tamén na mesa".

Cabezal tamén destacou que "nesta mesa ten que estar representada a Consellería de Traballo (Economía, Emprego e Industria) durante o período de consultas e que debería de aprazarse mentres non estean presentes todas as partes que teñen que estar". O día 25 celebrouse nas instalacións da empresa situada no Polígono da Gándara a primeira reunión do período de consultas e o representante da CIG denunciou que "un mes despois da reunión mantida na Coruña co director xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria aínda non hai ningunha resposta". "Comprometeuse a realizar unha seria de accións das que non sabemos nada, algo que é vergoñoso e que consiste en mirar para outro lado co problema de Poligal", sentenciou.

Fábrica de Poligal en Narón
Fábrica de Poligal en Narón | Fonte: Nemigo Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta