A Xunta sobre Ence: "cumpre cos parámetros ambientais" e

A conselleira de Medio Ambiente censura que o Goberno socialista busque "pola porta de atrás" cun cambio normativo en costas "vestir xuridicamente" a súa postura de renunciar á defensa da prórroga da concesión de Ence.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/04/2019 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defende que Ence "cumpre cos parámetros ambientais", á vez que destaca que este ano pasará unha nova inspección, "cousa que non fixeron" durante o bipartito, segundo reprochou. mEn resposta a unha pregunta do BNG, a conselleira deixou claro que a Xunta "está ao lado da legalidade", mentres subliña que Ence "cumpre" cunhas esixencias ambientais "rigorosas".

Sobre este extremo, Ángeles Vazquez indica que hai un "estrito réxime de inspeccións" con técnicos que "son independentes". "Agora esiximos moito máis do que viñan esixindo vostedes", apuntou á oposición. En cambio, censura que o Goberno socialista busque "pola porta de atrás" cun cambio normativo en costas "vestir xuridicamente" a súa postura de renunciar á defensa da prórroga da concesión de Ence. "Aquí cos postos de traballo xogan algúns", cargou.

En cambio, Luís Bara (BNG) denunciou a "prórroga manifestamente ilegal" dada polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy, mentres que lembra que os populares defendían en 2009 a marcha da pasteira da ría de Pontevedra. "Cambiaron de postura por imposición da empresa, o Ibex e as portas giratorias (*) son vostedes uns vendidos", espetou. Ademais, Bará díxolle á conselleira que cando deixe o seu cargo vana a "contratar no gabinete de prensa da empresa" por dicir que "Ence non contamina a ría".

UNITONO

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou de que a Xunta trasladou a súa "desconformidade" a Naturgy coa posibilidade de deslocalizar o emprego que realizan os traballadores de Unitono en San Cibrao das Viñas (Ourense) de atención ao cliente para esta empresa.

Ante unha pregunta do Grupo Socialista, Conde expresou a "boa disposición" da empresa, mentres sinala que a Xunta "está a traballar para ter carga de traballo". Con todo, deixa claro que o sector do telemárketing depende dun convenio colectivo de ámbito estatal, polo que reclama ao Goberno socialista que dea resposta, porque en "10 meses non tocaron ningunha medida".

BUS EN PONTEVEDRA E FERROL

Por outra banda, neste pleno a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, incidiu en que a Xunta asume a "obrigación" legal de implantar bus urbano nas cidades de Pontevedra e Ferrol pola "renuncia" de ambos os municipios.

Ethel Vázquez insistiu sobre o xa avanzado hai unhas semanas de que a Xunta "cobrará ese custo" a ambos os concellos, mentres di que "ninguén entende que Monforte e Arteixo teñan transporte urbano e Pontevedra e Ferrol non".

Ence . EUROPA PRESS - Arquivo
Ence . EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta