Medio Ambiente organiza unhas xornadas sobre a reciclaxe de buques fóra da súa vida útil

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará este mes cinco xornadas informativas sobre a reciclaxe de buques e embarcacións ao final da súa vida útil.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/05/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará este mes cinco xornadas informativas sobre a reciclaxe de buques e embarcacións ao final da súa vida útil. Segundo informa, estas sesións van dirixidas aos diferentes axentes e colectivos implicados no proceso polo que, entre os asistentes, haberá responsables e técnicos da Administración, das autoridades marítimas e portuarias, asociacións profesionais ou xestores autorizados para o despezamento destes barcos.

A primeira destas xornadas tivo lugar este xoves na Autoridade Portuaria da Coruña, coa presenza da subdirectora de Residuos, Verónica Tellado.Estas sesións informativas forman parte do paquete de accións formativas e de traballo que se inclúen no Plan de Resiudos Industriais de Galicia (Priga).

Un dos barcos do Grupo Conservas Calvo na súa sede galega
Un dos barcos do Grupo Conservas Calvo na súa sede galega | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta