Feijóo sobre o director xeral de Minas: "Como non imos confiar nel se levamos confiando moitos anos?"

Apoia a Tahoces e alega que a concesión da mina de San Finx outorgouna "o Goberno anterior".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a apoiar este xoves ao director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e alegou que a concesión da canteira de San Finx, en Lousame (A Coruña), pola que está chamado a declarar como investigado, foi outorgada por "o Goberno anterior", do bipartito.

"Como non imos confiar nel se levamos confiando moitos anos?", manifestou o titular do Executivo autonómico ao ser preguntado, na rolda de prensa do Consello, sobre se vai manter ao director xeral. Precisamente, este xoves Tahoces debía declarar nos xulgados de Noia, pero a súa comparecencia foi aprazada tras unha solicitude do avogado da Xunta.

Neste sentido, Feijóo considera "excesivo" que haxa que substituír ao actual responsable de minas "se a concesión é do Goberno anterior" con "subvención, ademais, á empresa" con "máis de medio millón de euros".

Ademais, asegurou que sería "dobremente inxusto" cesar a unha persoa se "a chaman a declarar nun proceso" cando a Administración, "despois de revisar o expediente" ao que se refire o proceso xudicial, ve que o que fixo a Consellería de Industria "é correcto".

Tahoces nunha comisión no Parlamento
Tahoces nunha comisión no Parlamento

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Outro para a confraría dos amortizados, Milagros Otero xa ten parella.