Unha nova lei deixa a porta aberta a empresas turísticas para a explotación pesqueira en ríos e encoros

Os menores de 14 anos poderán practicar a pesca deportiva sen licenza se van acompañados dun maior que si dispoña de autorización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu este xoves o seu visto e prace ao anteproxecto de lei de pesca continental de Galicia, que ten o obxectivo de fomentar o recambio xeracional na actividade e impulsar o desenvolvemento económico das zonas nas que se practica. Por iso, segundo explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a norma contemplará realizar concesións de aproveitamentos piscícolas en tramos de río, encoros e lagos a determinadas empresas turísticas "sempre que se comprometan a través dun canon", aínda que terán prioridade as asociacións deportivas.

Río Miño.
Río Miño.

O líder galego explicou que este modelo xa opera nun encoro de Ordes (A Coruña) e a nova normativa busca darlle "apoio legal" a esta explotación para que non sexa "discrecional".

Ademais, a nova lei de pesca creará unhas "escolas de río" para "implicar e educar" os pequenos na conservación dos ecosistemas acuáticos continentais. Neste sentido, permitirase que os menores de 14 anos poidan practicar a pesca deportiva sen necesidade de licenza, sempre acompañados dun adulto que si a teña, e contarán con taxas gratis, o que "se estenderá tanto aos menores de idade como aos maiores de 65 anos".

En canto aos pescadores, as sancións impostas reduciranse un 20 por cento cando o autor recoñeza a súa irresponsabilidade, ademais doutro 20 por cento cando se efectúe o pago en período voluntario.

PESCA SEN MORTE

O novo documento fomentará tamén a pesca sen morte, que "vai gañando adeptos". "O obxectivo é que aumente progresivamente a súa implantación e que se alcance un equilibrio entre esta modalidade a tradicional", precisou

Sobre este punto, Feijóo indicou que haberá unha nova clasificación para os máis de 14.000 quilómetros de ríos de certa entidade. "Manterase a categoría de masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola e engadiranse as categorías de escenarios deportivos, sociais e de formación, e de augas de aproveitamento privado".

Así mesmo, redactarase un plan galego de ordenación da pesca continental, que porá "límites a especies exóticas invasoras" e "prohibirá" substancias como atraentes e tranquilizantes, así como o uso de pesos con chumbo.

Finalmente, Feijóo lembrou que en Galicia "hai aproximadamente uns 55.000 pescadores de pesca continental e 14.000 quilómetros --dos 30.000 de ríos-- susceptibles de pesca". "Incorporamos á lei medidas co fin de pór a funcionar este activo da mesma forma que noutros países", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 andaya

muy bien feijoo sigues jo di en do a galicia asi se hace acaba con ella que los pa le tos te si guen votando