O PSOE confirma a súa oposición ao proxecto da mina O Pino-Touro

O candidato do PSOE á alcaldía do Pino, Óscar Vilar, recibiu unha chamada de Abel Losada, membro da executiva nacional do PSdeG, afirmándolle que o partido está en contra da apertura mineira na zona.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

O membro da executiva nacional do PSdeG-PSOE, Abel Losada, comunicoulle ao candidato socialista á alcaldía do Pino, Óscar Vilar, que a posición do partido é contraria ao proxecto mineiro que afecta tanto ó Pino como a Touro. 

Manifestación en Santiago de Compostela contra a minaría
Manifestación en Santiago de Compostela contra a minaría | Fonte: Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON.

Así o comunicou Vilar a Galicia Confidencial, unha hora despois de posicionarse contra as manifestacións da deputada autonómica Patricia Otero, na comisión de Pesca do venres 3 de maio, argumentando que a reapertura da mina traería postos de traballo. 

Óscar Vilar tamén quixo deixar constancia de que "lle transmitín (a Abel Losada) que as declaracións de Patricia Otero foran totalmente desafortunadas".

POSICIONAMENTO CONTRARIO AO DO PARTIDO

Vilar manifestara a súa disconformidade coas palabras de Patricia Otero, pois está convencido de que a mina “non vai xerar emprego, van diminuir os empregos, é unha mina sen garantías e se nalgún momento tiveramos garantías non teríamos os problemas medioambientais que temos”.

Estas palabras veñen logo de que na Comisión de Pesca do venres 3 e maio, o PSOE valorase que a reapertura da explotación mineira en Touro e O Pino (A Coruña) "suporía actividade económica", aínda que condiciona a eventual autorización da Xunta ao "cumprimento estrito da lei de minaría" en vigor. Así se manifestou a deputada socialista Patricia Otero durante o debate dunha inciativa do BNG á que o PSdeG presentara unha enmenda. Ao resultar rexeitada, o PSOE abstívose na votación da iniciativa que non saíu adiante tras o rexeitamento do PP.

Fronte a esta reacción, o candidato socialista no Pino, Óscar Vilar convidou “aos meus compañeiros do grupo parlamentario que saian do Parlamento e visiten a zona”, porque “temos visións completamente contrarias sobre este tema”. Preguntado por cal cre que son os motivos detrás das afirmacións da socialista Patricia Otero, “non sei, non sei como era o tema da enmenda, pero non me gusta iso de que xera emprego”.

Vilar insiste en que “os informes da Xunta non din iso, os informes sobre o proxecto que presentou a empresa ten máis sombras que luces”. “Durante catro anos e sobre todo os dous últimos levo facendo oposición a este proxecto porque esta empresa ten unha maneira que tentou dividir á sociedade”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta