O alcalde de Ferrole di que a cidade "está moito mellor que hai catro anos" en emprego e benestar social

Jorge Suárez critica as "mensaxes erróneas" lanzadas polas demais forzas políticas que falan do mal estado da cidade departamental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O candidato de Ferrol en Común á Alcaldía, Jorge Suárez, asegurou que esta cidade "esta moito mellor que fai catro anos" tanto en materia de emprego como de benestar social e quixo mandar "unha mensaxe de optimismo a toda a cidadanía sobre as perspectivas do futuro" do municipio.

"Esperamos que o aumento do emprego supoña a diminución de forma proporcional das axudas en benestar social, onde queremos centrar a nosa campaña, xa que as persoas poidan ter unha vida digna, cun salario digno e unha cidade amable e amigable", trasladou, durante un almorzo informativo desenvolvido este venres en Ferrol.

Suárez criticou as "mensaxes erróneas" lanzados polo resto de formacións políticas asegurando que 'Ferrol está moi mal'. "Están a equivocarse co tiro, xa que eu estimo que a percepción en xeral desta sociedade da nosa cidade está a cambiar e a baixada de autoestima está a ser superada", destacou, mencionando actividades de éxito como a Fashion Night, e valores como a Semana Santa ou o Camiño Inglés.

"Partimos con todo o optimismo, con todas as ideas programáticas realizables, non como en 2015, que debido á inxenuidade do momento presentamos propostas que non eran asumibles e que agora xa temos constado, todo iso para poder repetir goberno".

Así, referiuse a diversos proxectos en licitación ou a piques de iniciarse, como a reforma do Mercado Municipal de Caranza, a da praza de Armas, as obras nas vivendas de Recimil ou a construción da pasarela de Santa Mariña.

Tamén sinalou as relacións con outras institucións que, "con algunha excepción, foron máis que correctas", sobre todo coa Deputación da Coruña. No caso da Xunta, recoñeceu que o seu trato co presidente, Alberto Núñez Feijóo, "no persoal foi bo, pero no político foi nefasto". "Non se pode vincular o futuro dos proxectos da cidade á elección dun alcalde ou outro".

GOBERNO DE ESQUERDA

Jorge Suárez tamén asegurou que tras as eleccións do 26 de maio "pódese conformar en Ferrol un goberno de progreso totalmente maioritario", onde Ferrol en Comín aspira a ser "a primeira forza política", con "propostas en positivo". Neste sentido, cre que os partidos da esquerda deben ser conscientes desta posibilidade. "Non agredirnos entre nós".

FERROL (Jorge Suárez)
FERROL (Jorge Suárez) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Tomou algo e sentoulle mal. Como pode dicir iso? Onde vive? Na lua? Con quen fala?Con estraterrestres? Se a cidade se nos cae a cachos e sen prespectivas de futuro