Ana Pontón reclama apoios para Secundino Fernández e "garantir que Viana do Bolo non volve ao pasado"

Pontón destacou os investimentos en obras e servizos, as melloras nas vías tanto no rural como no centro urbano de Viana e a dinamización social e cultural "que revitalizou o concello dando incentivos para que a xente nova queira desenvolver os seus proxectos persoais" na vila.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este venres na presentación da candidatura do BNG para as eleccións municipais na localidade ourensá de Viana do Bolo que encabeza o actual rexedor Secundino Fernández, onde pediu un "contundente" apoio nas urnas o próximo 26 de maio "como garantía para non volver ao pasado".

Tal como subliñou Pontón, o BNG é "garantía de que o concello segue avanzando da man do proxecto a favor da cidadanía e fréase calquera posibilidade de volver ao pasado, como pretenden os que nada fixeron por este municipio durante máis dunha década".

Segundo a portavoz nacionalista, o catro anos do goberno local do Bloque permitiron a entrada de "aire fresco" no consistorio "deixando atrás unha etapa escura". "Non é tempo de retroceder, senón de seguir para adiante co avance que supuxo o traballo e a xestión de Fernández e o seu equipo", indicou Pontón.

Así mesmo, destacou os investimentos en obras e servizos, as melloras nas vías tanto no rural como no centro urbano de Viana e a dinamización social e cultural "que revitalizou o concello dando incentivos para que a xente nova queira desenvolver os seus proxectos persoais" na vila.

A dirixente do BNG fixo especial fincapé nas políticas sociais, despois de que Fernández "reforzase o programa de axuda a domicilio e a atención aos maiores". Entre os logros que pon en valor o propio candidato, está a supresión do vertedoiro de pneumáticos, localizado no mesmo centro da localidade, "pondo fin a un problema ambiental e paisaxístico". "Se algo destaca especialmente tras a chegada do BNG ao goberno municipal é a transparencia, o diálogo e a política de portas abertas do concello para toda a cidadanía que instaurou Secundino desde a súa chegada á Alcaldía", apostilou a organización nacionalista.

ETAPA ESCURA

Pola súa banda, Fernández pediu o apoio dos veciños "sobre o aval do traballo feito" que, ao seu xuízo, contrasta co que cualificó como "etapa escura" de Viana "á que pretende volver o PP". "Pero estou convencido de que ninguén quere volver para atrás, sobre todo cando iso significa volver a un concello paralizado, sen ideas, sen propostas e sen alternativas para mellorar a vida das persoas deste concello", argumentou.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG. EUROPA PRESS - Arquivo
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta