Cero autocrítica no BNG malia non ter acadado escanos no Congreso e obter case os mesmos votos que Vox

Ana Pontón iniste en que o Bloque "avanza imparable" tras duplicar o número de votos, pero que suman a metade dos acadados por Ciudadanos e 143.000 menos que En Común Unidas Podemos. "En 2020 seremos determinantes para pór punto e final ao decenio negro de Feijóo e do PP", di a líder nacionalista

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/05/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este sábado que espera un "gran resultado" para as próximas eleccións municipais e europeas do 26 de maio xa que a organización nacionalista "está á alza" e "avanza imparable" tras duplicar o apoio da cidadanía nas eleccións xerais do pasado domingo. Así o sinalou Pontón tras a celebración en Santiago do Consello Nacional do Bloque, o cal estivo "coa mirada posta" nas próximas citas electorais "con optimismo, con decisión e coa certeza de que o BNG está á alza, de remontada".

BNG
BNG | Fonte: Europa Press

Sobre os resultados das eleccións xerais, a pesar de que de non conseguir escano no Congreso dos Deputados, seguir como quinta forza e sacar case os mesmos votos que Vox, Ana Pontón non fixo autocrítica e enxalzou que o BNG duplicou os seus votos, pasando a ter máis de 90.000 apoios —a metade que Ciudadanos e 146.000 menos que En Común Unidas Podemos, fronte aos 45.000 votos dos comicios xerais anteriores.

Desta maneira, quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade a "todos aqueles galegos que están preocupados de que Galicia non teña voz en Madrid", xa que o BNG "vai estar alerta e seguirá defendendo os seus dereitos".

Segundo Pontón, os resultados danlle ao Bloque a responsabilidade de "ensanchar a base social do nacionalismo", e mostrouse "orgullosa" de ser do BNG, "un proxecto con historia, unido e cohesionado" que, ademais, "ten as portas abertas a todos os que queren sumar en positivo". "Son tempos de avanzar, de sumar e de progresar", sentenciou.

"O Bloque é a forza política con representación parlamentaria que porcentualmente máis incrementou os seus votos, chegando a duplicar o apoio da cidadanía", destacou a portavoz nacionalista, quen indicou que o BNG é "determinante" para unha "nova etapa para Galicia".

Así mesmo, subliñou que esta remontada "se vai confirmar nas eleccións do 26M", así como nas próximas autonómicas de 2020 onde o BNG "o vai a dar todo para que se produza un cambio". "Seremos determinantes para pór punto e final ao decenio negro do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e do Partido Popular", apostilou Pontón.

80% DE CONCELLOS

En canto a cifras, os nacionalistas afirmaron que o BNG se presenta ás próximas eleccións municipais no 80% dos concellos de Galicia, polo que, segundo os seus datos, o 95% dos galegos poderán coller unha papeleta do Bloque.

Neste sentido, Pontón encomiou a "gran implantación" da organización no territorio, "con máis de 4.000 persoas que concorren nas candidaturas", das cales, segundo a propia portavoz, "a metade non son afiliadas". "Esta corrente de simpatía fai que moitas persoas se somen, xa que nos ven como garantía para poder construír un futuro mellor", afirmou.

"Temos que traballar coa man tendida, reilusionando a moitos galegos", sinalou Pontón, quen engadiu que "non só hai que sumar concelleiros, senón tamén alcaldías". "O aval do traballo feito é a mellor carta de presentación", indicou.

EUROPEAS

En canto ás eleccións europeas, que se celebran tamén o mesmo 26 de maio, Ana Pontón insistiu en que o BNG "ten o reto de seguir sendo a voz de Galicia en Europa", polo que é "importante manter o escano galego que defenda os intereses de Galicia en Bruxelas".

Así, puxo en valor o traballo da eurodeputada galega Ana Miranda que "se deixou a pel e aí están o traballo e os resultados". Deles, destacou, entre outros, "o seu defensa das vítimas de Angrois, así como das rías e ríos de Galicia".

"Hai que seguir defendendo os intereses dos galegos, sempre sen submisións e cunha única lealdade, que é o pobo galego", apostilou a líder do Bloque Nacionalista Galego.

Destacou que, a pesar que o Bloque ten "vocación europeista", ten que dicir "alto e claro" que esta Unión Europea (UE) "non vale". "Queremos outra UE dos pobos e nacións, solidaria", explicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

6 MCV

O importante é ter a cadeira quentiña e xogar coas cifras segundo convén. Estas eleccións consolidaron ao BNG como unha forza residual.

1 Un galego

Non é unha forza residual por varios motivos: Terceiro partido en número de militantes de verdade, un partido con presenza en todo o territorio, terceiro en número de alcaldías e terceiro que é capaz de presentar candidaturas en practicamente todo o país. Aínda que se uniran todo o resto dese popurri que on se sabe nin o que é non se acercarían. Nas municipais vamos ver o test de resisencia do españolismo progre, a ver como vai nas alcaldías de Ferrol e Coruña porque no resto vai ir moi mal. E para cadeira quentiña Yolanda que como sabía que por Coruña non saía foi por Pontevedra (iso si que é unha leción de ética)

5 Arenga

É triste que só haja 100.000 galegos que queiram ter representaçom no estado espanhol. Mas é o que há. A culpa nom é do BNG se nom da desnacionalizaçom da Galiza produto de muitas cousas.

1 Bendito Chiringuito

Pois igual algo de culpa ten o BNG! Ou a CIG, sindicatos e asociacións varias! Pois os resultados da cabeza de lista e teniente de alcalde en Pontevedra, señora Carme da Silva son espantosos! E noutros concellos con alcaldes, nas deputacións clientelares... Algo está facendo moi mal o BNG, a líder e a directiva do sorriso fácil! Non querer asumir responsabilidades, non velo, tampouco axuda a superar o desastre! (Salvo que o negocio sexa outro: colocarse e vivir da política profesional, diso non imos falar, non queda ben).

4 Wallace

O partido é a 2 encontros. Na ida xogábase en Hespañistán con axenda: España, España, España. A volta é na casa e xógase Galiza (a gañar, listas renovadas) e Europa (o pulo de ERC e Bildu empurrará). O BNG acadará os mellores resultados dende Amio porque como xa se viu nas xerais a xente xa non traga mareas nen podemas. Non é difícil esperar unha grande recuperación do Bloque, bos resultados para o psd(galiciño) e colapso do pp. Forza BNG!

1 Gaiker

Bloqueiros & futuroloxía. Amigos para sempre.

3 Señor Datos

Os datos, datos son, obxectivos e realistas: o BNG hai tempo que quedou en forza residual en Galicia. Duplicar duplicaron, claro, pero duplicar de 1 a 2 non quere dicir que deixen de ser unha forza minoritaria. Os datos, repito, están aí: menos de 100.000 votos, unha miseria. Pontón e o seu equipo están cegos de ego e non o ven.

1 Caneda

Subiron porque xa non podían baixar máis. É nin sequera aproveitaron o agasallo de Anova. Matemática básica para blocallos: 0 x 2 = 0. De nada.

2 Andres

debería haber abstención activa que restara escanos según o %, e non se debería obligar a ir as mesas a quen non quere, non admiten a insumisión. Obrigan á asistencias a formación das mesas, non lles val con dicir que non se quere.