Un home de 86 anos falece na Estrada tras quedar atrapado baixo o seu tractor

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2019 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Un home de 86 anos faleceu este sábado no lugar de Constenla, en Nigoi, no concello pontevedrés da Estrada tras quedar atrapado debaixo do seu tractor.

Os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos minutos antes das 23,00 horas deste sábado, cando un particular chamou informando de que un ancián quedara atrapado baixo un tractor na leira da súa casa.

Así, o 112 Galicia púxose en contacto co 061-Urxencias Sanitarias e os Bombeiros do Deza, que se desprazaron ata o punto. Tamén os membros do GES da Estrada, a Garda Civil e a Policía Local foron informados dos feitos.

Nada máis chegar ao lugar, os servizos sanitarios de urxencia só puideron confirmar o falecemento da persoa que, segundo informaron os Bombeiros do Deza, se trataba dun ancián de 86 anos de idade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta