O PSdeG prevé un retroceso do PP e espera alcaldes socialistas nas sete cidades galegas

Critica que o PP "di que vai virar ao centro porque non lle dan os números" e advirte dos "riscos" dos seus pactos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este domingo que o Partido Popular "vai retroceder nas sete cidades" galegas nas eleccións municipais do 26 de maio e sinalou que o seu partido vai traballar "con toda a forza" para conseguir que as grandes urbes de Galicia "estean gobernadas por alcaldes socialistas, por alcaldes progresistas".

Gonzalo Caballero e a ministra Nadia Calviño
Gonzalo Caballero e a ministra Nadia Calviño | Fonte: Europa Press

Así o sinalou este domingo Caballero en Santiago durante a visita de precampaña da ministra de Economía, Nadia Calviño, onde tamén estiveron presentes os candidatos ás alcaldías dos concellos da comarca compostelá.

Neste sentido, Caballero valorou e mostrou os seus respectos "ao traballo que fan outras forzas progresistas", pero destacou a súa convicción de que "o mellor para Galicia é que o bloque progresista estea liderado polo PSdeG".

Desta maneira, insistiu en que os socialistas pretenden "encabezar novas etapas de goberno no escenario municipal e galego". "Neste momento o noso esforzo está centrado en mobilizar todos os votos progresistas", insistiu Caballero.

Segundo o secretario xeral dos socialistas galegos, as eleccións do pasado domingo "marcaron un novo tempo político en España e en Galicia", polo que se mostrou orgulloso do "avance" do PSdeG", que é a primeira forza política por primeira vez na historia nunhas eleccións xerais".

Engadiu que o PSOE "xa está a traballar en clave municipal" e para gobernar "en todos os concellos nos que xa goberna, onde non o fai e desde logo en Santiago, a capital de Galicia", polo que mostrou o seu apoio a Xosé Sánchez Bugallo, o actual candidato á alcaldía compostelá, que xa foi rexedor da cidade.

FEIJÓO E CASADO

Ademais, o líder socialista ironizou coa visita a Galicia deste sábado do presidente do PP, Pablo Casado, para "celebrar" xunto co presidente da Xunta e dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, "o seu éxito electoral".

"Seguen coa estratexia da avestruz, de agochar a cabeza para non asumir o seu erro e tentar dicir que queren virar ao centro", recalcou Caballero, quen engadiu que "agora din que non queren estar na extrema dereita porque non lles dan os números".

Así, lembrou que o PP "segue gobernando en Andalucía cos votos de Vox sen ningunha rectificación", polo que reprobou o "cinismo" que, ao seu xuízo, demostra o partido.

"O PP vai usar os votos de Vox cando lle sirvan, e renunciará a eles se non lle dan as contas", insistiu, para engadir que "non se poden esquecer os riscos" que teñen os seus pactos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xurxo Moure

Calviño, típico exemplo de madrilega: "estoy en la provincia de Santiago" (literal). O PSOE de Galiza non existe, é un autonomismo de segunda. No PP aínda hai algún galego despistado pero van do que son, españois. Só hai unha opción galega seria: BNG.

2 Gamela

Abel Caballero - Carmela Silva - Gonzalito ? https://www.noticiasvigo.es/opinion... La mano que mece la cuna...?

1 Gon Than

Outros que viven en Utopía... Nas municipais vai haber moito menos voto "útil" porque o medo á dereitona vai ter menos efecto. As cousas quedarán aproximadamente igual menos Ferrol que vai baixar bastante o liberado profesional e Ourense que vai baixar o figurín. No resto baixarán mareantes pero ese voto non vai ir á dereita e pouco (algo si) ao psoe. O psoe non pasou a 123 deputados porque a xente de repente os ame. Do malo o menos malo e do estranxeiro o máis cerca