Presos da ditadura piden que A Coruña retire a Fraga a distinción de Fillo Adoptivo

A distinción foille concedida no ano 1965, cando exercía como Ministro durante o Franquismo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2019 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O colectivo de presos da ditadura pediu a Marea Atlántica, PSOE e BNG que impulsen no pleno deste luns no Concello da Coruña a retirada da distinción de Fillo Adoptivo ao ex-presidente da Xunta Manuel Fraga e que lle foi concedida no ano 1965 cando exercía como Ministro durante o Franquismo.

Manuel Fraga. EUROPA PRESS - Arquivo
Manuel Fraga. EUROPA PRESS - Arquivo

O BNG da Coruña xa anunciou a presentación dunha moción para a retirada desta distinción a Fraga, pero o colectivo de presas e presos piden o apoio aos demais grupos municipais, en especial a Marea Atlántica e PSOE, para que a iniciativa salga adiante como xa sucedeu no pleno do Concello de Ferrol.

A moción incide en que en Ferrol, o pasado 24 de abril, se lle retirou o título de Fillo Adoptivo a Fraga. Nese caso, obtivo os votos a favor de Ferrol en Común, PSOE e BNG e a abstención de Ciudadanos. Tamén en Santiago o pleno do 19 de xullo de 2018 acordou retirar a Laureano López Rodó a distinción de alcalde Honorario e Fillo adoptivo, concedidas durante a ditadura. O colectivo pide agora que na Coruña se amplíe tamén a retirada de distincións a López Rodó.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

non temos nada mellor que facer...? https://i.gal/gamela04 algúns teñen memoria para o que queren... e non para o que precisamos!