Tres falecidos esta fin de semana nas estradas galegas

O 061 asistiu a 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 58 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana na rede viaria galega, das que tres faleceron.

Segundo informou o 061, entre as 15,00 horas do venres 3 de maio e as 23,59 horas deste domingo a Central de Coordinación recibiu 58 chamadas en relación con accidentes de tráfico. A xornada con máis incidentes foi a do sábado, con 20 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 70. Deste xeito, as ambulancias realizaron 58 saídas; os helicópteros medicalizados, dous, e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en dez accidentes.

En 49 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións recibiron atención no lugar do accidente e tres persoas faleceron no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 69 por cento e a de mulleres reduciuse ao 31%. En canto ás idades dos feridos, o 33% dos asistidos tiña entre os 45 e 59 anos.

A Coruña con 24 accidentes, foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana en Galicia; seguida de Pontevedra, con dez; Ourense, con sete; e Lugo, con cinco.

O 061 atendeu a 62 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia. 061-GALICIA - Arquivo
O 061 atendeu a 62 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta