Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 13:41
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou este luns as claves da súa campaña para as municipais do 26 de maio a apenas uns días de que arrinque unha nova carreira electoral. Os nacionalistas reforzan a súa "marca" nuns comicios nos que presentan 4.000 candidatos, a metade independentes, no 80% dos concellos. Con todo, nestes comicios presenta menos candidaturas que nos pasados comicios.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, remarcou que afrontan esta nova campaña, que para a formación nacionalista é a "segunda" parte das xerais, con "moita forza" e co convencemento de que é o Bloque está "en ascenso, en remontada claramente" e que constitúe un "proxecto, sólido, unido e ilusionado". Precisamente, nesa meta coinciden nacionalistas e populares. Os primeiros cren que continuarán subindo tras as xerais e os segundos que remontarán os malos resultados desas eleccións.
Ademais, o Bloque preséntase co "aval dos gobernos dos concellos nacionalistas, que son referentes de honestidade e honradez, con capacidade para transformar en positivo", e "exemplo de defensa do idioma e cultura galegas, exemplo de políticas que melloran a vida das persoas, de rexeneración urbana e mobilidade que espello", non só en Galicia, senón no resto de España e outras partes do mundo.
Na súa intervención, a líder nacionalista exhibiu que o BNG está "especialmente forte" nestes comicios e destacou que a súa formación é a que "porcentualmente" máis subiu nos pasados comicios do 28 de abril, ao duplicar o número de apoios reunidos polo BNG nas eleccións xerais de 2016, "nun contexto complexo".
DOBRE LEMA
Pola súa banda, o responsable de Comunicación, Xabier Campos, explicou que o BNG se presenta cunha dobre lema. Nos concellos nos que os nacionalistas teñen a Alcaldía, o BNG reivindica os logros aposta por "Máis BNG"; co obxectivo de facer un chamamento a "reforzar as políticas municipais" xa implantadas.
Mentres, a formación nacionalista leva un "Agora BNG" para os municipios nos que, ou ben cogobernan ou están na oposición. "Facemos un chamamento a apostar agora polo BNG", certificou Xabier Campos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.