Caballero di que a Feijóo, Baltar e o alcalde de Ourense "quédanlle unhas semanas" na Alcaldía

"Imos facer que a xente senta orgullo da súa cidade e imos situar a Ourense no mapa", asegura o candidato municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o presidente provincial, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, "saben que quedan unhas semanas á fronte da Alcaldía".

Así se pronunciou o xefe de filas dos socialista galegos tras visitar a sede do PSOE local este luns, xornada na que se mostrou convencido de que a cidadanía de Ourense "pide un cambio" que debe chegar "da man do Partido Socialista".

E é que, conforme apuntou, o PSOE ten a "mellor candidatura" e é a "opción de presente e de futuro" para os veciños tras o catro anos de goberno do PP. "Foi a única cidade galega que gobernou o PP e foi unha xestión nefasta para a cidadanía, de incapacidade, de insuficiencia, de falta de resultados, dun alcalde que non foi capaz de conectar coa maioría", manifestou en referencia á lexislatura que termina.

Por iso, incidiu en que coas próximas eleccións municipais abrirase un "novo ciclo na cidade". "Fronte a outros experimentos, temos un candidato que é o mellor alcalde que Ourense pode ter, un home con experiencia de xestión que ten que darlle un novo ciclo a este concello", indicou.

RESULTADOS DO 28 DE ABRIL

Ademais, volveu a asegurar que os resultados das pasadas eleccións do 28 de abril abren "unha nova etapa na política galega", na que "Feijóo está a ver xa que chega o fin do seu ciclo político".

"Co 36% dos votos e unha longa vantaxe sobre o Partido Popular en Ourense, os socialistas somos a primeira forza política na cidade", destacou Gonzalo Caballero, que felicitou aos socialistas ourensáns polos resultados electorais.

G. Caballero en Ourense
G. Caballero en Ourense | Fonte: Europa Press

CANDIDATO Á ALCALDÍA

Pola súa banda, o candidato á Alcaldía de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, tamén puxo en valor os resultados alcanzados polo PSdeG nas eleccións xerais. "Un resultado histórico en Galicia, onde por primeira vez o PSOE tivo máis votos que o PP, por tanto estamos tamén ante o próximo presidente da Xunta", manifestou en referencia a Gonzalo Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta