Sanidade insiste en que creará 300 prazas sanitarias grazas ao superávit da Xunta

O conselleiro de Sanidade sinala que "unha parte" dos 125 millóns investirase nos hospitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou este luns que "a parte máis importante" do superávit que a Xunta de Galicia obtivo no ano 2018 irá destinado á creación de máis de 300 prazas sanitarias para a Atención Primaria.

Tal como explicou Vázquez Almuiña este luns preguntado polos medios de comunicación na presentación do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria (21CNH), "a parte máis importante do superávit", que foi de ata 125 millóns de euros o ano pasado, "vai estar dedicado á creación de máis de 300 prazas en Atención Primaria".

Neste sentido, subliñou que estas prazas "non son só a consolidación das xa existentes", senón que se crearán novas prazas "para seguir mellorando". Así mesmo, indicou que "unha parte do superávit" tamén se investirá nos hospitais galegos.

Vázquez Almuiña insistiu que a Xunta e en concreto a Consellería que o dirixe utiliza fondos "propios e alleos", como os que proveñen da Unión Europea, para desenvolver proxectos de innovación nos hospitais galegos. Ademais, avanzou que "nos próximos días" daranse a coñecer outros proxectos nos que se gastará o superávit, sumado aos que xa se coñecen ata agora.

Galicia acolle a partir deste mércores o XXI Congreso Nacional de Hospitais, centrado na innovación sanitaria
Galicia acolle a partir deste mércores o XXI Congreso Nacional de Hospitais, centrado na innovación sanitaria | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta