Temas: INCENDIOS

Investigado un home como autor dun incendio forestal en Riós

O lume produciuse o pasado 30 de abri e afectou unha superficie de 1,70 hectáreas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2019 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica investiga a un home como presunto autor dun incendio forestal rexistrado o pasado 30 de abril no municipio ourensán de Riós.

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra un lume
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra un lume | Fonte: Miguel Núñez

Segundo informa este luns o corpo adscrito á comunidade autónoma, o lume, que se produciu na parroquia de Navallo, afectou unha superficie de 1,70 hectáreas --0,5 de monte arborado e 1,2 de raso--.

As chamas orixináronse nunha queima de restos forestais que o investigado realizou nunha leira "sen adoptar as medidas de seguridade perceptivas".

As dilixencias foron remitidas ao xulgado de Instrución en funcións de garda de Verín (Ourense). No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou a 32 persoas como autoras de incendios forestais.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta