Aprobado no pleno da Coruña un modificativo de crédito de 14 millóns cos votos de Marea Atlántica e PSOE

Así poderase facer fronte a gastos en materia de persoal, convenios con entidades, a indemnización que deberá abonarse derivada da sentenza do antigo edificio de Fenosa, segundo lembrou a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/05/2019 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva, un modificativo de crédito por importe de 14 millóns de euros sobre o orzamento prorrogado de 2018. Este asunto saíu finalmente adiante só cos votos a favor dos concelleiros dos grupos de Marea Atlántica e do PSOE e coas abstencións dos edís de PP e BNG.

Este modificativo, segundo o goberno local, permitirá, entre outros asuntos, facer fronte a gastos en materia de persoal, convenios con entidades, e a indemnización que deberá abonarse derivada da sentenza do antigo edificio de Fenosa, segundo lembrou a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito.

Nun pleno con reproches ás xestións de PSOE e PP en anteriores mandatos e alusións tamén ao resultado das eleccións xerais, a portavoz do PP, Rosa Galego, criticou que o modificativo non fose acordado con todos os grupos e tachou de "matrimonio de conveniencia" algúns dos acordos apoiados por Marea Atlántica e PSOE neste mandato. Mentres, a única concelleira do BNG, Avia Veira, xustificou a abstención deste grupo por non incluírse algunhas das súas demandas no citado modificativo.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. CONCELLO DA CORUÑA
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

PP e Psoe arruínan, teñen que vir o demais amañar os seus desastres, e todos pagamos a incompetencia dos incompetentes.