Vídeo: Humor contra a precariedade laboral das enfermeiras eventuais do Sergas

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2019 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Luis P. Martínez e Jerry Noia crearon esta nova peza audiovisual na que contan con Chiruca Tarrío para denunciar en clave de humor a precariedade laboral da enfermería galega. Deste xeito, súmanse á onda de solidariedade que se está a producir en Galicia co colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, desde o mundo da arte até a política.

Chiruca Tarrío, Luis P. Martínez e Jerry Noia, na curtametraxe a prol do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita.
Chiruca Tarrío, Luis P. Martínez e Jerry Noia, na curtametraxe a prol do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita.

Os propios realizadores recoñeceron que para eles "foi un pracer poder apoiar e visibilizar esta causa".

As enfermeiras eventuais do Sergas, fartas de verse sometidas a contratación precaria, esixen un trato digno por parte da Administración e organizaron unha protesta simbólica nas oposicións do 12 de maio, vestindo de negro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta