Publicado o discurso de ingreso de Antonio Fraguas na RAG

O etnógrafo converteuse en membro de número da Academia o 8 de maio de 1956 cun texto dedicado ás coplas populares de Cotoboade (Pontevedra), a súa terra natal.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/05/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia



A Real Academia Galega (RAG) publicou o discurso de ingreso de Antonio Fraguas nesta institución e os orixinais manuscritos, segundo informa este martes a academia.

O etnógrafo converteuse en membro de número da Academia o 8 de maio de 1956 cun texto dedicado ás coplas populares de Cotoboade (Pontevedra), a súa terra natal.

Fraguas ocupou a cadeira do seu mestre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Ramón Otero Pedrayo, outro dos seus referentes no Seminario de Estudos Galegos, pronunciou o discurso de benvida á RAG.

Agora, na véspera do 63 aniversario daquela cerimonia, a institución académica publica en versión dixital os orixinais da intervención da figura á que se lle dedica o Día dás Letras Galegas este ano.

A RAG publica o discurso de ingreso de Antonio Fraguas na institución. RAG
A RAG publica o discurso de ingreso de Antonio Fraguas na institución. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta