Enfrontamento parlamentario sobre a suba de tarifas ferroviarias

O BNG denuncia da alza de prezos de Renfe e a conselleira Ethel Vázquez critica a diferenza de prezo en Santiago-Ourense e Eixo Atlántico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou que na primeira reunión que manteña co Ministerio de Fomento proporá a posibilidade de estender o uso do cartón de transporte metropolitano a todos os trens de media distancia co fin de favorecer aos usuarios.

No pleno do Parlamento galego, a deputada do BNG Noa Presas denunciou o "pitorreo" da alza de tarifas nos trens de Renfe, a pesar do acordo parlamentario de hai uns meses no que se instaba á súa baixada. Por iso, preguntou á Xunta que traballos realizou para conseguir esa rebaixa.

En resposta, Ethel Vázquez informou de que "por suposto" que se trasladou ese acordo ao Goberno central co fin de conseguir unha equiparación de tarifas para evitar unha "discriminación en función de residencia" no territorio galego. De feito, asegurou que a Xunta deixou claro ao Goberno que "non parece razoable" que o prezo a pagar por quilómetro no Eixo Atlántico sexa de 10 céntimos, mentres entre Santiago-Ourense é de 18 céntimos.

Nesta liña, a conselleira explica que se exporá a Fomento a petición para a extensión do cartón de transporte metropolitano, tal e como xa funciona no FEVE na área de Ferrol, que permite aos usuarios acceder a transbordos gratuítos con autobuses, cuestión que será de especial importancia coa posta en marcha de intermodais.

Pola súa banda, Noa Presas cargou contra a "suba estratosférica" no prezo dos billetes de tren en Galicia, "tres veces máis que o resto do país", mentres na Comunidade "non existe un servizo de proximidade".

Ademais, a deputada nacionalista alertou dos "abusos" que practica Renfe xa que pon á venda billetes de Avant que en realidade "son un Intercity", trens máis antigos e con peores servizos para os usuarios. A este respecto, mostrou unha captura sobre como o mesmo tren entre Santiago e Ourense se  pon á venda con dous tipos de billetes diferentes, de Avant e Intercity, cun euro de diferenza que identifica como un "imposto revolucionario".

PARLAMENTO DE GALICIA
PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta