O persoal de bibliotecas da Coruña irá á folga unha semana antes das eleccións municipais

Desde o 31 de xaneiro, cando rematou o contrato coa empresa concesionaria, atópanse "á espera da definición da fórmula de xestión das bibliotecas".

Por E.P. | A CORUÑA | 08/05/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Persoal de bibliotecas municipais da Coruña convocará folga indefinida a partir do 20 de maio se non se produce antes "o pago de salarios e a asunción do compromiso de pago en tempo e forma por parte da empresa e o concello".

Nun comunicado, o comité de empresa de LTM Bibliotecas, que xestiona o servizo, denuncia que, desde o pasado 31 de xaneiro, --data na que finalizou o contrato do concello coa empresa concesionaria do servizo-- atópanse "á espera da definición da fórmula de xestión das bibliotecas".

"E nunha situación, por tanto, precaria e de vulnerabilidade absoluta", engaden. Respecto diso, explican que a empresa lles trasladou a súa vontade de pór fin á súa vinculación co concello, que, á súa vez, pretende a remunicipalización do servizo.

Ademais, precisan que levan tres meses nesta situación "sen que desde o goberno municipal se lle dea unha resolución adecuada e definitiva". "Co agravante neste momento da falta de pagamento de salarios ao conxunto de traballadores e traballadoras", aseguran. Tamén reprochan ao goberno local "incapacidade" para resolver a súa situación e reclaman, de cara ao seu futuro, unha solución con "garantías e seguridade xurídica".

Unha biblioteca municipal
Unha biblioteca municipal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta