Temas: EMERXENCIAS 112

O temporal deixa en Galicia 150 incidencias

Os xestores do 112 destacaron que ningún dos incidentes revestiu gravidade, aínda que a caída de vexetación, obxectos, cables e postes ás vías foi "unha constante" durante todo o día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O temporal de vento e choiva que afecta a Galicia deixou ata a tarde deste mércores un total de 150 incidencias por toda a comunidade, a maior parte relacionadas coa caída de árbores e ramas. En concreto, segundo os datos do CIAE 112-Galicia, os servizos de emerxencias atenderon ata as 18,00 horas 150 incidencias relacionadas co episodio de vento e choiva.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

A maior parte das intervencións estiveron relacionadas coa retirada de árbores e ramas caídos nalgunhas estradas e pistas forestais, sen que se rexistrasen persoas feridas ou afectadas. Os xestores do 112 destacaron que, por fortuna, ningún dos incidentes revestiu gravidade, aínda que a caída de vexetación, obxectos, cables e postes ás vías foi "unha constante" ao longo do día debido, fundamentalmente, á acción do vento.

En xeral, foron as provincias de Lugo e A Coruña as que contabilizaron o maior número de incidencias, seguidas de Pontevedra e, en menor medida, de Ourense. Concretamente, Lugo sumou 51 intervencións, fronte ás 48 da Coruña, as 40 de Pontevedra e as 10 de Ourense.
Igualmente, destacan as 23 intervencións realizadas polos equipos de emerxencias para reducir riscos, evitando a caída de postes, ramas ou obxectos doutro tipo.

Temas: EMERXENCIAS 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta