Caballero defende que se lle teña retirado a Fraga o nomeamento de fillo adoptivo da Coruña

Asegurou que a posición do PSOE coruñés non foi "marcada pola dirección" do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, destacou que o que foi presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, foi nomeado fillo adoptivo da Coruña durante o Franquismo, etapa que "ten todo o rexeitamento" do PSdeG.

Preguntado polos xornalistas sobre a decisión do PSOE da Coruña de apoiar a retirada destas honras por parte do Concello, Gonzalo Caballero diferenciou as "diferentes etapas" que a vida política de Fraga.

Deste xeito, aínda que asegurou que a posición do PSOE coruñés non foi "marcada pola dirección" do PSdeG, subliñou que todos os socialistas entenden que "o que ocorreu nunha ditadura e no réxime franquista é algo que ocorreu na historia" e do que "hai que pasar páxina".

"A partir de aí", segundo indicou, "hai un tempo distinto no que Fraga foi presidente do Goberno de Galicia co voto da maioría do país". "Por tanto, un tempo distinto no que nós combatemos contra Fraga con claridade, na etapa democrática, porque o PSOE foi capaz de construír algo distinto a Fraga antes de que chegase Fraga e cando se foi Fraga".

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

Esta decisión foi duramente criticada polo exalcalde da Coruña Francisco Vázquez, que considerou unha "vergoña" a decisión do pleno municipal da cidade herculina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta