Empeora o estado de saúde de Manuel Fraga

Varias entradas nas redes sociais apuntan que o ex-presidente da Xunta faleceu, noticia que é desmentida en primicia por fontes oficiais consultadas por GC. Con todo, as mesmas fontes apuntan a que o ex-presidente da Xunta e do Partido Popular sufriu un empeoramento de saúde esta fin de semana en Madrid, onde reside.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/01/2012 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Fontes da Xunta e do PPdeG consultadas por GC a primeira hora da tarde do domingo confirman que o líder conservador Manuel Fraga sufriu un empeoramento do seu delicado estado de saúde. O ex-presidente da Xunta foi hospitalizado en Madrid, onde vive dende que a victoria do bipartito puxo fin a catro lexislatura de maiorías absolutas do fraguismo en Galicia.

None

En todo caso, as mesmas fontes apuntan que é falsa a noticia, que está a correr como a pólvora nas redes sociais, de que o político galego falecese. Os primeiros comentarios ao respecto filtráronse en torno as 17 horas ao Twitter.

Manuel Fraga sufriu varias recaídas nos últimos meses pero foi capaz de recuperarse, e as fontes do PP e da Xunta confían que desta volta suceda o mesmo.

Biografía

Manuel Fraga Iribarne, nado en novembro de 1922 en Vilalba, Lugo, foi presidente da Xunta de Galicia dende febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005. Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e na Complutense de Madrid, licenciouse en 1944.

Durante a ditadura franquista, foi ministro de varias carteiras, incluídas Información, Turismo e Interior. Tamén ocupou o cargo de embaixador no Reino Unido. O seu pasado franquista está a ser investigado pola xustiza da Arxentina a través dos datos remitidos pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Unha vez chegada a democracia, liderou a dereita na construción de Alianza Popular, logo Partido Popular, do que é presidente de honra. Tras ser derrotado en varias ocasións polo PSOE de Felipe González, volveu a Galicia, conseguindo catro maiorías absolutas consecutivas nas autonómicas e perdendo os quintos comicios tras a crise do Prestige.

Primicia do GC

GC foi o primeiro medio de comunicación en dar a noticia do empeoramento de saúde ás 17:13. A información pode lerse xa noutros diarios como La Voz, que apunta que Iribarne está a ser atendido no seu fogar madrileño. Pola súa banda, El Correo apunta a que pode tratarse dunha gripe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

26 non debin de nacer

Eu como galego non espero que a Galiza lle dean nada. Ningún povo se emancipa con conseguidores e menos con representantes políticos do poder que o mantén dependente. Non somos un obxeto inerte nin unha colectividade incapaz.

25 Bruar

Só poido dicir que o día que morra non o votarei en falta. Que descanse. Esta terra e este País poderían haber chegado moito máis lonxe se persoas como el creeran nel sinceiramente e o antepuxeran a calquera outros intereses. Sinto que non foi así e tamén sinto que o seu partido político que gobernou prácticamente todo ou cando menos tivo e ten o poder político e económico non fixera o que non fixo: os galegos e os intereses dos galegos o principal. Que descanse, espero que o futuro nos traia o que el non nos trouxo.

24 bandeiras

Frage, se morre, será unha grande perda para os galegos. agardo que se mellore. (canto reacionario condiarreacerebral hay, non pensba que tantos a verdade)

23 Boa nova

Que viene, que viene! Mellor dito: que marcha, que marcha!

22 PENDURADO

Que finado, igualinho que o "Carniceiro do Pardo". Que si morre, que si non, que si agora operan, que si ten ulcera. Agora vendran moitos dicendo que democratizó a extrema dereita. Eu o que digo é que meteu pola porta de atras a extra dereita na democracia, para que non tinhan que pagar as debedas coa sociedade, como os seguidores de Gadafi, Chauchescu, Pol Pot, e calquer outro que tinha qeue estar pendurado dun arbore.