Empeora o estado de saúde de Manuel Fraga

Varias entradas nas redes sociais apuntan que o ex-presidente da Xunta faleceu, noticia que é desmentida en primicia por fontes oficiais consultadas por GC. Con todo, as mesmas fontes apuntan a que o ex-presidente da Xunta e do Partido Popular sufriu un empeoramento de saúde esta fin de semana en Madrid, onde reside.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/01/2012 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Fontes da Xunta e do PPdeG consultadas por GC a primeira hora da tarde do domingo confirman que o líder conservador Manuel Fraga sufriu un empeoramento do seu delicado estado de saúde. O ex-presidente da Xunta foi hospitalizado en Madrid, onde vive dende que a victoria do bipartito puxo fin a catro lexislatura de maiorías absolutas do fraguismo en Galicia.

None

En todo caso, as mesmas fontes apuntan que é falsa a noticia, que está a correr como a pólvora nas redes sociais, de que o político galego falecese. Os primeiros comentarios ao respecto filtráronse en torno as 17 horas ao Twitter.

Manuel Fraga sufriu varias recaídas nos últimos meses pero foi capaz de recuperarse, e as fontes do PP e da Xunta confían que desta volta suceda o mesmo.

Biografía

Manuel Fraga Iribarne, nado en novembro de 1922 en Vilalba, Lugo, foi presidente da Xunta de Galicia dende febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005. Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e na Complutense de Madrid, licenciouse en 1944.

Durante a ditadura franquista, foi ministro de varias carteiras, incluídas Información, Turismo e Interior. Tamén ocupou o cargo de embaixador no Reino Unido. O seu pasado franquista está a ser investigado pola xustiza da Arxentina a través dos datos remitidos pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Unha vez chegada a democracia, liderou a dereita na construción de Alianza Popular, logo Partido Popular, do que é presidente de honra. Tras ser derrotado en varias ocasións polo PSOE de Felipe González, volveu a Galicia, conseguindo catro maiorías absolutas consecutivas nas autonómicas e perdendo os quintos comicios tras a crise do Prestige.

Primicia do GC

GC foi o primeiro medio de comunicación en dar a noticia do empeoramento de saúde ás 17:13. A información pode lerse xa noutros diarios como La Voz, que apunta que Iribarne está a ser atendido no seu fogar madrileño. Pola súa banda, El Correo apunta a que pode tratarse dunha gripe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

16 Conde Road

Celebrarase o velorio no chirigo de Karina Falagan (só pra familia pepeira).

15 Asociación de hosteleros

O igoal que Diaz Pardo soubo promocionar os valores de Galiza. Por certo, onde temos que ir cobralas facturas pendentes?

14 Mártires de Gasteiz

Os mártires de Gasteiz e Montejurra unimonos a ledicia dos que hoxe teñen unha boa nova pra celebrar. Qué a divina providencia fagalle a xustiza que na terra non lle poidemos dar!

13 pescador de Palomares

Presumia de tenerlos bien puestos, pero tenia el sentido de orientación perdido.

1 non debin de nacer

De quén falas, non falarás de Paco? non cho permito

2 Cholas

Vaite facer mirar, a tua obsesión compulsiva con Paco amosa que estás como pra encerrar. Sempre pensas en Paco, cando fo des tamén? Deixa a Paco, que xa morreu hai anos, a D. G. estamos a falar do seu ministro.

3 non debin de nacer

Falo de Paco Rodriguez. Cómo soa.

12 non debin de nacer

Seguro que no rebilla, e deberia, lentamente.