Segue caendo a producción insutrial en Galicia

O pasado marzo o descenso foi dun 6,9%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) caeu en marzo un 6,9% en Galicia respecto ao mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este é o segundo maior descenso entre comunidades, só superado por Estremadura (9,1%). A media española sitúase en negativo por pouco (-0,1%). No outro extremo, Aragón rexistra o maior incremento (+3,8%).

Deste xeito, Galicia acumula catro meses coa taxa de produción industrial en negativo, xa que o último dato positivo produciuse en novembro de 2018.

Así, na media do primeiro trimestre Galicia sitúase nunha taxa negativa do 5,4%, tamén é a segunda máis acusada o Estado. Hai unha caída maior en Estremadura (-6,7%). En cambio, a media española está en cifras positivas (+0,7%).

Este retroceso en Galicia está liderado pola enerxía (-28,2%). Tamén en negativo están os bens intermedios (-4,6%) e os bens de consumo duradeiro (-3,7%). En cambio, están en rexistros positivos os bens de equipo, os de consumo e os de consumo non duradeiro.

A produción industrial cae un 6,9% en marzo en Galicia, segundo maior descenso entre comunidades. EPDATA
A produción industrial cae un 6,9% en marzo en Galicia, segundo maior descenso entre comunidades. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta